Monumento megalítico
formado por un túmulo de terra asentado
sobre unha base de calcarias machucadas e revestido por unha coiraza de pequenas pedras.
No centro deste
montículo, de 20 metros de diámetro, áchase a cámara mortuoria, delimitadas por grandes bloques de
pedra en disposición apaisada, isto é,
botados sobre unha das súas caras maiores, no canto de postos en pé, como é habitual nos dolmens.
Na devandita
cámara depositáronse os corpos de máis de 75 individuos, recubertos todos por
unha capa de cinabrio, o cal se
interpretou como xesto de carácter ritual. Acompañaban a estes restos humanos
puntas de frechas e coitelos de sílex,
machadas pulimentadas, contas de colar,
punzóns e colgantes de óso e de cuncha, así como algúns ídolos.
O conxunto
funerario dátase en torno ao 3000 antes de Cristo.
En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural.
Máis información en Turismo de Osorno.
Fotos: INICIARTE
2 comentarios:
¿Qué curioso, profesor, no tenía cubierta de ningún tipo?
¿Podrías explicar por qué o sí la tuvo?
Gracias
OLa, Anónimo. En principio todos os dolmens, mámoas tiveron cuberta. O tipo, forma ou estrutura depende de moitos factores e épocas. Por suposto que este tamén tivo. Grazas polo comentario
Publicar un comentario