Hai xa algún anos estiven polos Estados de Illinois e
Wisconsin en Norte América, onde Frank Lloyd Wright ten moitas das súas obras (algunas
da cales xa pasaron por Iniciarte). No arquitectonicamente famoso Oak Park,
Wright, construir unha igrexa, A Unitaria (lembrade a entrada neste blog). Mais
non tiven oportunidade de achegarme ata Madison para apreciar outra igrexa
unitaria. Para coñecela seguimos o texto
de Wikiarquitectura:
Trátase dun edificio que Wright deseñou para os Unitarios de
Madison que se caracteriza polo seu tellado que sobe puntiagudo en diagonal cara ao ceo, como dúas
mans xuntas en actitude de pregaria.
Como en moitas das súas obras, a iluminación cenital é de gran importancia.
Este edificio sitúase na parte alta dun solar en Shorewood Hills (Wisconsin), desde onde se
pode seguir coa vista a suave pendente ata alcanzar o lago Mendota situado cara ao norte.
Concepto
No deseño e a distribución da planta, Wright parte dunha trama formada por
triángulos. A xeometría derivada do uso consistente de ángulos a 60 e 120 graos
vai máis aló de ser unha simple malla ordenadora para conducir tamén a elaboración
dos alzados e da propia cuberta así como tamén a expresión dos seus contidos
simbólicos.
“Se o cadrado significa integridade, se a esfera significa
universalidade, o triángulo significa aspiración. Esta é unha construción en
actitude de rezo”, dirá Wright ao
referirse ao seu deseño.
Utilizando a figura do triángulo consegue elevar a cuberta
expresando reverencia sen necesidade de
recorrer a un campanario, creando así o motivo máis importante na imaxe da
igrexa: unha gran ventá de planta triangular,
rasgado rítmicamente por lamas de
madeira inclinadas que deixa pasar ao interior a luz uniforme proveniente do
norte.
Conforme á idea dunha
unity este edificio é un centro social, unha sumatoria de lugares de
reunión, de ensino e de culto, organizados a partir dunha espiña de circulación
en dirección este-oeste.
Segundo as palabras do propio arquitecto: “Os unitarios cren
na unidade de todas as cousas. Ben, entón eu tentei construír un edificio que
expresase esta idea de suprema unidade. Como ven, a planta é triangular. Tamén
o tellado é triangular e desa
triangulación (aspiración) procede esa expresión de veneración, sen necesidade de campanario.”
Na Igrexa Unitaria pódese apreciar como o unitarismo dos meus antepasados maniféstase
nun edificio creado por un dos seus descendentes.”
Espazos
O acceso desde o parque prodúcese por unhas escaleiras
situadas no á este, protexidas pola cuberta en
voladizo. Desde o acceso seguimos cara á sala principal seguindo un
percorrido de dimensións reducidas desde o que se pode ter unha vista previa do
lago, ou acceder á recepción, a cociña, as oficinas, ou os aseos, que miran
cara ao sur.
O espazo diáfano da
gran nave da igrexa está dividido en dous ámbitos: un máis baixo orientado cara
a sur que alberga a cheminea e algúns asentos a modo de hall de reunión dos fieis á saída do culto.
Este espazo está separado do principal mediante unha cortina de cor vermella,
púrpura e verde que ao abrirse permite ampliar a capacidade da estancia ata 400
persoas. Como adoita ser habitual noutras igrexas unitarias, este espazo ten un
carácter polifuncional xa que as
cadeiras, expresamente deseñadas por
Wright, pódense quitar e almacenar baixo o púlpito.
Este elévase sobre un
zócalo de pedra no extremo norte e sobre el atópase o coro, cuberto cun
plano que focaliza o son cara aos fieis congregados. Máis aló do espazo
principal en dirección oeste sitúase a escola dominical, un grupo de aulas
encostadas cuxas paredes seguen a dirección da trama triangular e comunicadas
por un corredor desde o que se pode saír ao exterior e gozar as vistas. A este
á agrégaselle un apéndice en dirección suroeste, para aloxar a vivenda do
predicador.
Estrutura
Os muros son portantes
e son de pedra calcaria mentres que a cuberta é un armazón de madeira revestido
exteriormente con chapas de cobre e xeso
no interior.
As citas en cursiva proceden de Bruce Brooks Pfeiffer. Wright. Taschen, 2004.
Para profundar na arquitectura serodia do arquitecto recomendo o artigo de A. González Capitel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario