21/1/13

Tiziano: Venus de Urbino


Tiziano. Venus deUrbino
1538. Óleo sobre lenzo, 119 cm x 165 cm.
Dende 1631 estivo na colección dos Médicis e dende 1736 atópase na Galleria degli Uffizi (Florencia)

Coma moitos outros cadros que forman o que podemos denominar primeira división da pintura occidental, este óleo de Tiziano tamén tivo unha historia ben curiosa por cuestións económicas.

Parece ser que o cadro fora encargado por Guidobaldo della Rovere, fillo do colérico condiotero Francesco María I della Rovere, duque de Urbino dende 1508, e de Leonora Gonzaga. O duque, do quen se di que matara coas súas mans  a un cardeal, encargoulle varios cadros a Tiziano desde 1535. Guidobaldo, continuando coa tradición dos seus pais, tamén encargoulle varias obras o vello mestre ata a súa morte en 1574. Pois ben tras rematarse o obra na primavera de 1538, o mozo Guidobaldo non pode facer fronte ao se custo, previamente determinado. Escribiría varias carta solicitando tanto cartos á familia, unha rebaixa do prezo fixado e case o roubo da obra. Todos os problemas solucionaríanse cando, no outono dese mesmo ano, Francesco María I, é dicir, o seu, morre e, xa que logo, o noso protagonista, recibe a súa herdanza. Resta por dicir que a súa nai pagou o outro cadro encargado polo fillo pero non o da  “donna  nuda” é dicir o da muller espida.

No interior dun luxo pazo veneciano aparece tumbada unha fermosa moza espida sobre un diván tapizado en vermello cuberto cunha saba branca. A muller mira, con certo descaro, ao espectador. Na súa man dereita leva unhas rosas que son consideradas coma un atributo de Venus en canto símbolos do pracer e da fidelidade, mentres que coa esquerda cóbrese o pube. Os seus loiros cabelos caen sobre os ombreiros, acentuando o erotismo da escena. Nesta primeira ocasión na que Tizziano pinta a unha Venus, dirixe un potente foco de luz sobre o corpo da muller. A profundidade gáñase coas baldosas e coa escena do fondo do cadro. No gran ventanal do fondo obsérvanse os suaves reflexos da lagoa así como unha árbore, o ceo e uns mirtos nunha maceta para indicar a constancia no matrimonio. Tamén no fondo hai dúas criadas que están, ou parecen estar, colocando roupa nun baúl (alusión ao mito da caixa de Pandora?). Aos pes da protagonista un can durme tranquilamente o que indicaría tanto que a rapaza non é unha deusa nin que existan unha gran fidelidade na protagonista.
Quen é a moza retratada? Pois os especialistas non se poñen de acordo, pois para algúns trátase dun retrato da esposa de Guidobaldo que recentemente deixara a puberdade, para outros unha “cortesán” pero tamén hai quen afirma que se trataba da amante de Guidolbado o que podería explicar o enorme interese do rapaz por facerse coa obra de calquera xeito. De todos non podemos desbotar a hipótese de que se tratara da amante do pintor ou da propia Leonora Gonzaga posto que ten un certo parecido co retrato pintado por Tiziano, cando, ademais, nos dous cadros o can pintado semella ser o mesmo.

Non obstante poderíanse desbotar algunha teorías: dificilmente sería socialmente aceptable pintar espida á esposa e, por suposto, tampouco á nai.

Tiziano está a pintar o ideal de beleza feminino do norte de Italia a mediados do século XVI. E, como era este ideal de beleza?

En comparación cos tempos inmediatamente pretéritos, as mulleres (podería dicirse a sociedade dominante?), as italianas xa non se depilaban o pelo da fronte pois entendíase que a fronte alta estaba xa pasada de moda. Fronte á unha maioría de italianas morenas, o cabelo loiro era considera como o verdadeira fermosos (pensade na cantidade de mulleres loiras pintada no Renacemento). Tamén fronte ás mulleres pintadas no gótico, delgadas e alongadas, con tocados rematados en punta e ombreiros caídos, Tiziano retrata a unha muller con ombro dereito claramente acentuado. Agora, os peitos so son fermosos se son pequenos, redondos e firmes, cando aínda non acadaran a súa madurez.  O talle fino tampouco estaba moi ben visto, de feito tal que o artista situou ao ventre no centro do corpo, como símbolo de fecundidade e de reprodución.


Non foi esta nin a primeira muller espida nun cadro renacentista nin a primeira Venus. Mais esta obra ten moito de particular: xa non é a intocable Venus de Botticelli nin a soñadora de Giorgione. Tratase, nesta oportunidade dunha deusa transformada en rapaza que mira directamente ao espectador, conciente dos seus encantos femininos, liberando ao espido dos tópicos dsa figura mítica. Mais non podemos esquecer as alusións a fidelidade conxugal presentes no cadro: as rosas e o mirto. Pode ser que a intención de Tiziano fora representar algo máis cos atributos tradicionais dunha Venus. Quizais quixera amosar que a extendida división das mulleres en dúas categorías, esposas respectables e as servidoras do amor, non era tallante e que tamén se podería descubrir o pracer sensual no seo do matrimonio. Guidobaldo tivo un matrimonio moi feliz tal como o proban as súas cartas.




Poderíase engadir moito máis pero tan só dúas ideas finais: sobre o can e as criadas.


O can é algo realmente sorprendente. Por unha banda este animal representa o amor carnal pero outra,  a fidelidade. Lembremos cantas tumbas teñen un can aos pes ou no famoso Matrimonio Arnolfini. Mais, un can durmido? Iso nunca se vira. Estase a rexeitar a fidelidade matrimonial? 

Xa nos vai ficando claro que Tiziano nesta “donna nuda”  recolleu moitos dos ideais femininos da beleza renacentista. Ademais o artista acentuou o espido da muller coa presenza das dúas criadas vestidas mesmo colocando a unha de costas ao espectador, algo realmente novidoso.
A sala deste pazo así como o mobiliario son os típicos da Venecia do XVI. A criada está a buscar ou colocar algo nunha arca de roupa, chamada en Italia,unha “cassone”. Aínda que Tiziano pintou numerosos detalle fieis á realidade, está ben lonxe de facer un cadro realista.

A información procede de Rose-Marie Rainer Hagen. Los secretos de las obras de arte. Madrid, Taschen, 2002, pp 140-145.
Wikipedia e Artehistoria.

2 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

Gran estudio de esta excepcional obra de Tiziano, el maestro del color y la sensualidad del desnudo femenino; siempre me fascinaron sus desnudos y las posturas de sus modelos, como la venus y el organista o la Danae del Prado. Buena semana, Antonio.

Gonzalo Durán dijo...

Los desnudos de Tiziano, al margen de sus cualidades artísticas, son lo mejor de su producción. Puro goce y pura sensualidad. Magnífica elección.