Xa
sabemos a profunda admiración que Vasari sentía polas cualidades artísticas do
Miguel Anxo Buonarroti. Ademais tamén debía sentir admiración polo xeito de ser
do florentino tal e como se pode deducir das seguintes frases.
Cando lle comunicaron
a morte dun amigo seu e dixéronlle que seguramente íalle a causar unha gran dor
porque se trataba de alguén que sempre se dedicou á arte incansablemente,
respondeu que se nos gusta a vida, sendo a morte obra do mesmo mestre, non nos
debería desagradar.
A un cidadán que se atopou en Orto San Michele en Florencia, que se detivo a mirar a estatua de san Marcos de Donatello e que lle preguntou que lle parecía a figura, Miguel Anxo respondeulle que nunca vira unha figura con tanto aspecto de home de ben como aquela, e que, se san Marcos fora así, ben se podía crer no que escribira.
A un cidadán que se atopou en Orto San Michele en Florencia, que se detivo a mirar a estatua de san Marcos de Donatello e que lle preguntou que lle parecía a figura, Miguel Anxo respondeulle que nunca vira unha figura con tanto aspecto de home de ben como aquela, e que, se san Marcos fora así, ben se podía crer no que escribira.
Mostráronlle un debuxo e recomendáronlle a un raparigo que estaba aprendendo a debuxar, escusándoo algúns porque había pouco tempo que había empezara na arte, e respondeu: “Xa se nota”. Algo parecido díxolle a un pintor que pintara unha Piedade: que se portou ben, que realmente facía falta piedade para vela.
Decatouse de que Sebastián Veneciano tiña que facer unha cimbra na capela de san Pietro in Montorio, e dixo que estropearía esa obra; cando se lle preguntou a razón, respondeu que habendo estropeado o mundo, que é tan grande, non sería estraño que estropeara unha capela tan pequena.
Un pintor fixera unha obra con moitos esforzos e sufrindo durante moito tempo e, ao descubrila, preguntoulle a Miguel Anxo que lle parecía o autor desta obra: respondeu: “Mentres queira ser rico, será continuamente probe”.
Un amigo seu, que dicía misa e era relixioso, chegou a Roma, cheo de sedas e saudou a Miguel Anxo que finxiu non velo, polo que o amigo viuse obrigado a aclararlle o seu nome: Miguel Anxo maravillouse de velo con iso hábitos, e engadiu case alegrándose: “¡Que guapo!, se o interior fose como o que vexo por fóra, que ben para a vosa alma.”
Mentres acababa a sepulura de Xulio II, encargoulle a un tallador que executase un dos Términos que logo colocou na sepultura de san Pietro in Vincoli, dicindo: “amalgama hoxe isto, e aplana aquí, e púe alá”, de tal forma que sen que se dese conta, íalle facendo executar a figura. E como, cando a acabou, estábaa mirando asombrado, Miguel Anxo díxolle: “E que che parece”, “Paréceme ben” respondeu “ e estouche moi agradecido.” “Por que”, engadiu Miguel Anxo. “Porque reencontrei grazas a ti unha virtude que non cría posuír”.
Un amigo de Miguel Anxo recomendoulle a outro amigo que fixera unha estatua, rogándolle que lle aconsellase como mellorala; o que fixo amorosamente. Pero a envexa do amigo, que llo pediu a Migel Anxo crendo que non o ía a facer, ao ver que, con todo fíxoo, sentiuse ferida, e explicáronllo a Miguel Anxo. Ao que respondeu que lle desagradaban os homes caño, aténdose á metáfora arquitectónica, é dicir dando a entender que non se pode tratar cos que teñen dúas bocas.
Cando un amigo preguntoulle a súa opinión sobre doutro que copiara en mármore figuras antigas das máis soadas, presumindo o imitador de superar en moito aos antigos, respondeu: “Quen vai detrás doutros, nunca os adianta”.
Non sei que pintor fixera unha obra, onde había un boi mellor que o resto das figuras; cando lle preguntaron por que o pintor fixera máis vivo ao buey que ás outras cousas, respondeu: “Todo pintor sabe retrartarse ben”.
Pasando por san Giovanni de Florencia preguntáronlle a súa opinión sobre as portas, e respondeu: “Son tan fermosas, que quedarían ben nas portas do paraíso.”
Giorgio Vasari. Las
vidas de los más excelentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde
Cimabue a nuestros tiempos. Madrid, tecnos, 1999, pp. 399-400.
No hay comentarios:
Publicar un comentario