Da análise dos edificios
conservados do século IX pódense deducir unha serie de características comúns
aos tres períodos do mesmo, mais tamén, elementos definitorios de cada un dos
reinados de Afonso II o Casto (791-842), Ramiro I (842-850) e Afonso III o
Magno (866-910).
Entre os elementos que son
coincidentes nos tres reinados podemos atopar os seguintes: planta con emprego
exclusivo de espazos rectangulares, con pórticos aos pés, normalmente triplas;
dúas dependencias laterais a cada lado dos templos; planta basilical de tres
naves con iluminación lateral; vans pechados con celosías cerámicas ou pétreas
e tamén con duplos ou triplos arquiños sobre columniñas.
A ARQUITECTURA DO REINADO DE AFONSO II
Da época de Afonso II
destacan as seguintes características como máis peculiares:
-Xanela aximezada na
dependencia incomunicada, que se construía sobra a ábsida central, con dúas
columniñas intermedias.
-Tribuna ou coro de madeira
no último tramo da nave central.
-Característico capitel nos
piares das naves e baixo o arco triunfal das capelas, consistente nun simple
bloque de pedra cunha sinxela moldura e igual solución nas basas.
-Pintura sobre estuco, de
tipo romano serodio, cubrindo as paredes do templo.
-Na ábsida central de forma
cadrada non destaca en planta dos laterais, interrompéndose as cortas naves co
c cruceiro, de grandes dimensións espaciais, cando existe.
Deste momento consérvanse
varios edificios pertencentes a unha tipoloxía de templo basilical, con ou sen
, cruceiro, onde o prototipo sería a desaparecida catedral de san Salvador de
Oviedo. Ademais destacarían os templos de san Xulián dos Prados (Santullano),
san Pedro de Nora, santa María de Bendones e os restos de san Tirso e da Cámara
Santa.
ARQUITECTURA DE RAMIRO I
Afonso II morre sen
descendencia e Ramiro, o seu sobriño, axúdase dun exército galego para derrotar
á nobreza local en desacordo coa súa elección. Ten frecuentes enfrontamentos
con musulmáns e normandos. A súa arquitectura diferénciase da dos outros
monarcas asturianos en:
-Abovedamento de naves,
capelas e pórticos
-Pedra en arcos, sustituíndo
case sempre ó ladrillo
-Alixeiramento dos muros con
arquerías cegas de descarga
-Aparición da decoración
escultórica (humana e de animais)
-Emprego do capitel
piramidal e dos medallóns
-Uso do arco de medio punto
peraltado.
As obras máis salientables deste período son:
-Igrexa de s. María del
Naranco
-Igrexa de san Miguel de Lillo
-Igrexa de Santa Cristina en
Pola de Lena. Durante o reinado de Ordoño I (850-866) pero do mesmo arquitecto
do Naranco.
ARQUITECTURA DE AFONSO III
Oviedo ten unha nova época de gran actividade arquitectónica posto que
se fai o castelo, refórzanse as murallas, faise outro pazo real, numerosas
obras civís. A expansión territorial leva ás súas tropas ata Zamora, Coimbra ou
Burgos. Rematará o seu reinado (866-910) repartíndoo entre os seus fillos,
sendo León que ostentará a capitalidade, polo que desaparece o Regnum
Asturorum.
Este final do século IX e principios do X é cando a influencia
mozárabe chega ao norte da península. Así a igrexa de san Salvador de Valdediós
estará claramente influenciada pola estética do sur. As características de seu
máis salientables deste período na arquitectura son (ademais da planta
basilical tripla con bóvedas nas capelas absidais):
-Dupla abertura na xanela axemenizada na parta alta da cabeceira,
fronte á tripla anterior.
-A tribuna ocupa a parte alta do pórtico.
-O arco de trunfo está sustentado por columnas adosadas con capiteis
de follas.
-Empréganse motivos ornamentais de influencia mozárabe.
Os templos deste período son:
-San Salvador de Valdediós.
-San Adrián de Tuñón.
-Santiago de Gobiendes.
-San Salvador de Priesca.
2 comentarios:
Aquí en Andalucía no lo estudiamos, pues no entra en temario de selectividad. Y me da rabia, pues el prerrománico (tanto asturiano como mozárabe) es, junto al Mudejar, el único estilo genuinamente hispano. Incluso el Mudejar, que sí está en temario, hay un compromiso verbal de no ponerlo nunca en selectividad. En fin, cosas de gestores. Muy buenas y didácticas tus dos entradas sobre el arte asturiano o ramirensa. Saludos.
Gracias por el comentario, Paco. La verdad es que los "gestores" deciden cosas muy raras... Nosostros comenzamos con el arte griego, de lo anterior ná de ná. En las próximas semanas continuaré con el arte asturiano. Saludos.
Publicar un comentario