15/4/09

Arquitectura barroca compostelá: A Casa do Cabildo


Tras uns días de relaxación, volvemos ás clases de arte. E continuamos coa arte barroca.

Dentro da arquitectura barroca de Santiago sempre me interesou especialmente a Casa do Cabildo. Unha peculiar edificación feita, nin máis nin menos, para dar por rematada fermosamente a Praza das Praterias formando un conxunto espectacular coa Fachada das Parterías, a Fachada do Tesouro da catedral e o edificio (poderíase derrubar?) do Banco de España. É unha obra seredia do barroco de placas e o seu autor foi Fernández Sarela. Mais deixemos que a especialista Ortega Romero nos analice esta peculiar obra.

"
Igualmente obra de Clemente A. Fernández Sarela é a Casa do Cabildo -1758-, en Santiago, como testemuña a inscrición da placa do seu balcón central. Típica fachada-telón, levántase como un mero efecto urbanístico para pechar artisticamente a praza das Platerías e embelecela. Non interesa a distribución da planta, pois só ten de fondo pouco máis de tres metros, unicamente é unha pantalla vistosa, realizada cunha gran xenialidade.

A principal característica é a desparición das ordes das columnas, utilizándose pilastras que parecen atar a fachada. Estas pilastras encaixadas e profundamente refundidas están decoradas con placas no seu parte inferior e superior, terminando nesta zona cun cilindro. Novamente un cilidindro colócase entre o ábaco e a voluminosa placa que pende da cornixa, acentuando o movemento e a inestabilidade. Debaixo da gran cornixa, crebada por enérxicos cortes, acubíllase un riquísimo e variado entablamento onde abundan cilindros, placas e asas ou grapas. Nos dous chaflanes da fachada unha gárgola acentúa máis, se cabe, o voo da cornixa.

Todo o conxunto se vivifica por unha balconada con bustos-retratos en lugar de balaustres e uns pedestais sostendo pináculos. No centro un fornelo con variada e rica decoración de volutas, placas, motivos xacobeos e un cilindro servindo de base a unha estrela. No dintel da porta da rúa central fai a súa aparición xa a rocalla, e en toda a fachada xa se advirte unha tendencia ao rococó".

Mª del Socorro Ortega Romero.
El barroco. En Historia del Arte Gallego. Madrid, Alambra, 1982, pp. 360-361.


1 comentario:

Nes dijo...

Muy curiosa siempre esta fachada tramposa, de las más bonitas de Santiago. Lo que no se es si el jazzman ya estaba antes!