Hoxe 14 de abril, conmemoramos o aniversario da proclamación da II República.
Este cartel, titulado Alegoría da República, creado por J. Barreira (c. 1931), atópase no Centro de Estudos Históricos Contemporáneos (Barcelona) e é a representación máis difundida do símbolo por antonomasia da forma de goberno republicana. Teño pendente por facer algunha entrada sobre o cartelismo que mantivo unha estreitísima relación coa política, destacando na Guerra Civil e, en Galicia, na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936.
Ilustración vía Ateneo Español de México.
Na clase xa falamos algunha vez do traslado de obras de arte do Museo del Prado, hoxe podemos ver un pequeno vídeo sobre o tema.
E aínda que eu non son nada de símbolos (bandeiras, etc) mirade o seguinte vídeo cunha canción dedicada á II República.
4 comentarios:
Espero chegar a celebra-la terceira!
Saúde.
Ante todo ¡viva la República!.
La idea de publicar una entrada sobre el cartelismo de esta época me parece estupenda, algunos son geniales...estaré atenta.
Saludos
Veña seguro que non hai "dúas sen tres"
Publicar un comentario