31/05/09

E os domingos Bruce Springsteen: Darkness on the edgde of town

O pasado xoves o xornal El Mundo publicaba a nova da aparición dun novo libro sobre este disco de Bruce:
"Atravesó malas tierras al volante de su Cadillac sónico. Se convirtió en una sombra nocturna, en el Caín malcriado que vagaba por calles en llamas, contemplando fábricas y alcobas de sueños robados. En 1978, Bruce Springsteen se asomó al filo de la oscuridad urbana. Encontró la tierra prometida del rock'n'roll.

Hablamos del 'Boss' y 'Darkness on the Edge of Town'. Aquel disco rezuma una intrahistoria que Julio Valdeón Blanco (Valladolid, 1976) ha retratado en
'American Madness', ensayo atravesado de esquirlas novelescas y que se perfuma con un centenar de fotos de la época, inéditas o rarísimas en su mayoría."

Para ler a noticia completa: El Mundo.





30/05/09

A hemeroteca da semana

Sábado, 30-V-09:
Documental sobre a desaparición da obra de Serra.
Escavacións arqueolóxicas urbanas en Mérida.
Exposición do arquitecto Michele de Lucchi.
Vídeo instalación no Matadero de Legazpi.

PhotoEspaña e o cotiá.
Bruxelas adica un museo a Magritte.
O absurdo cotiá de Magritte no seu museo.
Ilustración do Imperio das luces de Magritte vía El País.


Venres, 29-V-09:

O realismo máxico de Magritte.
Entrevista a Norman Foster.
Vendida unha obra do cubano Mario Carreño.
Exposición dun fotógrafo de Mali.
Volve á polémica nunha obra de Tracey Emin.


Xoves, 28-V-09:
Entrevista co director da Bienal de Arquitectura de Venecia.
Tui e Valença, posíble Patrimonio da Humanidade.


Mércores, 27-V-09:
Renovación no Reina Sofía.
Muñoz Molina e a renovación do Reina Sofía.
Mil camiños para percorrer o Reina Sofía.
As voltas coa refroma do Museo Nacional de Arqueoloxía.
Morreu o arquitecto catalán Alfonso Milá.
O "Espazo para o ceo" en Cádiz.
Exposición fotográfica en Munich sobre o espido.
Doazón ao Museo Picasso de Barcelona dun debexo previo de "As meninas".
Ilustración de Picasso vía La Voz de Galicia.


Martes, 26-V-09:
Máis polémica sobre José Guerrero en Granada.
Exposición de Santa Cruz en Madrid.
Magnífica exposición fotográfica de Riboud.
Outra exposición de fotografías de Nova York.


Luns, 25-V-09:
Entrevista ao director do Reina Sofía.


Domingo, 24-V-09:
A Xunta de Galicia esquece a Antonio Palacios.
Exposición fotográfica sobre o desexo.
Reportaxe sobre o valor da arte contemporánea.
A arte como provocación: de Duchamp ata a actualidade.
Reportaxe sobre O Reina Sofía.
A Real Academia de Belas Artes homeneaxará ao COAG pola súa defensa do patrimonio.
Entrevista a Norman Foster.
A Bienal Laxeiro pinta Lalín.
Ilustración "A fonte" de Duchamp vía La Voz de Galicia.

29/05/09

René Magritte: novo museo en Bruxelas

Reportaxe no ABC sobre o novo museo de René Magritte en Bruxelas:

Nada é o que parece na súa obra. Pintou unha pipa e baixo ela escribiu: «Isto non é unha pipa». Anos máis tarde volveu pintar outra coa inscrición: «Isto segue sen ser unha pipa». René Magritte creou un universo fantástico onde conviven homes con bombín, mazás con antifaz, aves que se transforman en follas... Logrou que fose noite e día ao mesmo tempo e deu forma de paxaros e mulleres ao ceo, ese magnético ceo Magritte dun azul intenso, cuberto de nubes, que se converteu no seu aceno de identidade, pero que onte non lucía en Bruxelas.

O seu orixinal e personalísimo mundo está infestado de imaxes tan belas e suxestivas como estrañas. A René Magritte, o home do bombín, gustábanlle as adivinanzas que non se podían resolver, os misterios inexplicables. «Non hai respostas nas miñas pinturas -dicía-, só preguntas». Tanto el como a súa obra son un enigma. Para tratar de resolvelo, aínda que se fracase no intento, o mellor será visitar o novo Museo Magritte, que o próximo 2 de xuño abre as súas portas nun rehabilitado edificio do século XVIII, o palacio Altenloh, en pleno corazón de Bruxelas. Concibiuse a semellanza dos museos dedicados a Van Gogh e Klee en Amsterdam e Berna, respectivamente.

Magritte regresa a Bruxelas, a súa cidade máis querida: estudou na súa Academia de Belas Artes, alí expuxo en solitario por primeira vez, casou con Georgette, pasou os seus últimos 37 anos e morreu en 1967. A Fundación Magritte e os Museos Reais de Belas Artes de Bélxica, co apoio do grupo franco-belga GDF Suez, que achegou 6,5 millóns de euros, lograron reunir a mellor colección do mundo do pintor surrealista, entre legados, doazóns, compras e depósitos de coleccións privadas. Espérase que supere os 650.000 visitantes anuais. Colgan algunhas das súas pinturas máis soadas, como «O imperio das luces» (dúas das 16 versións que fixo ao óleo), «O retorno», «O xogo secreto», «O dominio de Arnheim» ou «A maxia negra». Xunto a elas, debuxos, gouaches, collages, gravados, esculturas, fotografías, traballos publicitarios, películas, cartas... O obxectivo, di o director do museo, Michel Draguet, é «reinventar o imaxinario de Magritte».

Ao longo de 2.500 metros cadrados, distribuídos en cinco plantas, emprendemos unha viaxe cronolóxica pola obra e o pensamento deste home controvertido e subversivo, agudo e irónico, xenial. Aos 14 anos, suicidouse a súa nai (segundo o guía que nos acompañaba onte na visita, por culpa do adolescente Magritte). CSI aparte, o certo é que se arroxou ao río Sambre e acharon o seu cadáver coa cabeza cuberta polo seu propio camisón. Esa imaxe obsesionoulle e plasmouna en «Os amantes».

A visita do museo arrinca cunha obra de 1918. A partir de aí descubrimos os seus traballos publicitarios dos anos 20 (art decó), as súas primeiras obras surrealistas, a influencia de Giorgio de Chirico, o seu paso fugaz por París e o seu regreso definitivo a Bruxelas. A visita continúa e admiramos os cadáveres exquisitos, a súa pintura sombría dos anos da guerra, a súa coqueteo e posterior desencanto co comunismo, así como un cambio radical no seu estilo: el chámao «surrealismo a plena luz». Falamos dos seus períodos Renoir (moi kitsch) e Vache (vaca, literalmente, polo groseiro e o mal gusto). Ambos foron moi criticados na época. Vendo o visto, con razón. Pero non se entenderon como o que foi: un acto surrealista máis.

A primeira planta do museo, onde acaba o percorrido, acolle a súa produción desde os anos 50 ata a súa morte en 1967. Magritte retoma o seu estilo e os seus temas recorrentes. É o período de maior éxito. Aparte dunha curiosidade (móstranse botellas e esculturas de yeso que decorou), aquí colgan a maioría das súas obras máis coñecidas e as súas dúas últimas creacións: «A páxina branca» e unha sen título que quedou inacabada e que se mostra nun caballete. Apenas lle deu tempo a esbozar o torso dun home sentado e a súa man sobre un libro na mesa. O percorrido do museo é didáctico e interactivo: poderase acceder ao arquivo do pintor e a documentos inéditos desde computadores.

O arquitecto e escenógrafo Winston Spriet asina unha montaxe de ton intimista. Quizá demasiada escuridade para ver pintura. Todo coidouse ata o último detalle: en cinco fiestras da fachada podemos ver o ceo Magritte e as súas eternas nubes en movemento.


Imaxe: "A maxia negra" vía ABC.

Casas raras

Esta é unha desas presentacións que de cando en cando arriban ao noso correo electrónico e que permiten relaxarnos un pouquiño despois de tanta fermosura arquitectónica como levamos visto nesta semana. Cando menos é curiosa, non?

28/05/09

Mies van der Rohe: Visions of space (Less is more)

L. Mies van der Rohe (1886-1969) tamén foi como Gropius alumno de Beherens. Director de Bauhaus e, como Gropius, abandonou Alemaña en 1937. Estaba convencido que os rañaceos serían o elemento arquitectónico máis salientable das novas cidades cando en Europa tíñase outra opinión sobre eles. É curioso que cando non deseña rañaceos deseña edificacións moi pegadas ao chan. En palabras de Giulio C. Argán:


En todo o panorama da súa investigación, o rañaceos é o tema central; cando non proxecta para grandes alturas, proxecta para extensións mínimas; edificios a ras de chan, amplas coberturas planas sobre baixas paredes de cristal con estruturas portantes para o interior que coinciden coas divisorias, as cesuras do espazo habitado. Vencellado como está á experiencia neo-plástica, que para el foi decisiva, non admite máis que dous eixes estruturais, o vertical e o horizontal, e unha soa entidade formal, o plano. O espazo natural non existe, valen só os seus termos extremos: o solo e o ceo, o un e o infinito. Non hai ningún interese, pois, nin polo ambiente natural, nin polo social, nin polo doméstico

Giulio Carlo Argan. El arte moderno. Fernando Torres, 1977, páx. 339.
Ilustración Seagrambuilding.



Para comprendelo mellor podedes ver estes sete videos da BBC.

26/05/09

Frank Lloyd Wright: As Prairie House (II). A Robie House (I)

A Casa da Pradería máis famosa de Wright foi a Casa Robie en Oak Park (1906-09), Chicago, Illinois.

A relación entre o cliente, o enxeñeiro e construtor de bicicletas Frederick C. Robie, e o arquitecto foi moi intensa durante o período de deseño da vivenda. O cliente desexaba unha casa que estivera moi protexida contra os incendios, que non tivera espazo pechados en forma de bloques e non lle gustaban nadas elementos decorativos como as alfombras ou as cortinas. E, ademais e loxicamente, desexaba unha vivenda que resultara práctica de habitar, que funcionara como unha máquina. "Sabía o que quería, e quería obter o que eu quería e ao diaño con todo o demais," dixo Robie no Foro de Arquitectura de 1958.

A vivenda está organizada en dúas zonas moi marcadas, a pública, orientada cara a rúa, e a de servizos que mira cara o outro lado. Como noutros exemplos das súas Prairie House, o andar baixo conta coa zona de xogos, calefacción, lavadeiro e despensa así como o acceso desde un lateral. Tras subir as escaleira atópase unha gran peza con cheminea no centro que serve para dividir o comedor e a sala de estar. Os dormitorios están no terceiro andar.

O arquitecto acadou enormes aleiros grazas ao pioneiro emprego de aceiro na estrutura da casa, con dúas grandes vigas que discorren lonxitudinalmente ao longo de toda a vivenda, ancorándose na cheminea.

Todos os mobles foron deseñados polo arquitecto, mesmo chegarían a ser moi famosas a mesa e as cadeiras do comedor.







Sobre esta obra poderedes ver máis información e fotografías no blog Mi Moleskin Arquitectónico, por certo, información e fotografías moi parecidas á Construmática. Tamén hai máis fotos, documentos e planos, e mesmo unha novela xuvenil sobre esta fermosa vivenda.

25/05/09

Frank Lloyd Wright: As "Prairie House" (I)

Por que Frank LLoyd Wright foi un arquitecto moi salientable na historia da arquitectura contemporánea? Seguramente por moitas causas pero gustaríame sinalar, hoxe, especialmente unha. Porque o panorama da arquitectura norteamericana de finais do XIX e principios do XX era un pastiche de estilo eclécticos que desenvolvía modas e estilos sen ningunha relación coas técnicas construtivas nuns intres em que se estaba a experimentar con transformacións revolucionarias. Xorden novos materiais de construción e se desenvolvían novos métodos de transformación para os materiais antigos. Pois ben, unha persoa clave en dotar á arquitectura dos EUA dunha lingua formal de seu e de unila coas novas técnicas construtiva foi Wright, amosándoo nas súas “Prairie House”.


Dentro das obras deste arquitecto son moi salientables as denominadas “Prairie House” que designa a un tipo de vivendas deseñadas por Wright entre 1900 e 1911. Por certo, o arquitecto nunca empregou o termo de “Casas da Pradería” para referirse a este conxunto de edificacións.


Nós, os habitantes do Medio Oeste vivimos na pradería. A pradería ten unha beleza moi característica. Debemos recoñecer e acentuar esa beleza natural, a súa tranquila extensión. De aí os tellados de liixeira pendente, as pequenas proporcións, as apacibles siluetas, as chemineas macizas, os saledizos protectores, as terrazas baixas e os muros adiantados que limitan pequenos xardíns”.

Publicado en Architectural Record, marzo de 1908.

Amaba a pradería de xeito instintivo, pola súa extraordinaria sinxeleza: as árbores, as flores, o mesmo ceo, un contraste excitante. Decatábame de que, na pradería, calquera pequena altura semella moi grande: calquera saínte cobraba unha importancia enorme, mentres que a anchura era menos importante... Eu tiña a idea de que os planos horizontais das casas formaban parte do chan. E comecei a poñer por obra esta idea". An Autobiography. 1952, páx. 124.

Entón non nos pode sorprender que a liña horizontal, longa e prolongada, así como a escas altura, os amplos saledizos e os teitos con lixeira pendente sexan unhas das características desta obras de Wright. Pero outras características gardarán relación co emprego dos materiais: por unha banda materiais naturais (pedra, madeira), tradicionais (ladrillo) e os mais innovadores (formigón armado). Materiais empregados combinados con pureza, humildade, unidade e sinxeleza. Tiña tal admiración pola natureza que buscaba a integración dos seus edifcios nela (outra visión sería que pretendía dominala cono na (Fallingwater) para que as persoas poiden experimentala e participar das marabillas do seus contorno natural.

Ademais teríamos que engadir o concepto de espazo interior tan fundamental para comprender a súa obra. Un espazo en expansión, de dentro a fora. Un espazo sempre a escala humana:

Sempre me temo referido a unha arquitectura mais “humana”. Por iso quero intentar explicar que significa para min, como arquitecto mais humana. Como na arquitectura orgánica, a calidade humana residen dentro do home. (...) Igual que a luz solar envolve os obxectos indefensos, revelando a súa forma e a súa expresión, unha luz correspondente, que ten por símbolo o sol, xurde da obra inspirada da humanidade. É a garantía de que a arquitectura, a arte, a relixión do home son todo un: os seus emblemas simbólicosA Testament. 1957

As citas proceden de Bruce Brooks Pfeoffer. Frank Lloyd Wright. 1867-1959. Construir para la democracia. Taschen, 2004.

Créditos das ilustracións de Wright e da Casa Robie.

Desde esta ligazón poderedes acceder a unha serie de dez vídeos sobre o arquitecto.

24/05/09

Editadas as memorias de Robert Capa durante a Guerra Mundial

La otra guerra de Robert Capa

Robert Capa siempre ambicionó que su vida se convirtiera en un guión cinematográfico. Quizá por eso, bautizado Endre Friendmann en Budapest en 1913, descubrió enseguida que con ese nombre no llegaría muy lejos. Robert Capa, el personaje de película, nació en 1936 y murió en Indochina en 1954. Y a su imbatible estatura mítica contribuyó Ligeramente desenfocado, sus memorias de la II Guerra Mundial, editadas en 1947 en EE UU por Henry Holt y que ahora publica por primera vez en español La Fábrica.

De las 106 imágenes del desembarco de Normandía sólo se salvaron ocho.

El libro compagina la rigurosa precisión de los hechos históricos con un menos comprobable trasfondo de anécdotas, flirteos, noches de whisky y de champaña. Pero sobre todo, Ligeramente desenfocado es el diario de un fotógrafo comprometido con la guerra. Un tipo que embarcó en Nueva York hacia Europa en 1941, enviado por la revista Collier's, y aguantó hasta el final. Es cierto, Capa frivoliza con sus planes para pasar la primera noche en el Savoy. Pero una mañana, durante su estancia en la base de los B-17 y tras haber fotografiado el regreso a casa de un piloto muerto, sienta las bases de su ética: "Mientras me afeitaba, mantuve una conversación conmigo mismo acerca de la imposibilidad de ser reportero y hacer gala al mismo tiempo de un espíritu compasivo. Las fotografías de los aviadores matando el tiempo en el aeródromo darían una impresión equivocada si no se mostraran también las imágenes de los heridos y los muertos".








El clímax del relato lo marca la participación en el desembarco de Normandía. La Oficina de Relaciones Públicas dejó sólo que cuatro fotógrafos acompañaran a las primeras fuerzas invasoras. Uno era Capa. "El corresponsal de guerra tiene en sus manos su mayor apuesta, su vida, y puede elegir el caballo al que apostarla, o puede guardársela en el bolsillo en el último segundo. Yo soy un jugador", escribe. Una opción que su hermano, Cornell, comenta en la introducción de Ligeramente desenfocado: "Al tomar esta decisión seguía el consejo que muchas veces daba: 'Si no son lo suficientemente buenas es porque no estás lo suficientemente cerca".

A su regreso al USS Chase, del que había partido su barcaza, llevaba las mejores fotos del desembarco del 6 de junio de 1944. Sin embargo, como él cuenta, "un emocionado asistente de laboratorio había aplicado demasiado calor al secar los negativos; las emulsiones se fundieron y se destintaron". De 106 fotos que había tomado, sólo se salvaron ocho. Capa entró en París el 25 de agosto de 1944 en un tanque manejado por republicanos españoles que formaba parte de la 2ª Acorazada Francesa. Esa noche durmió en el Ritz. Igual que Hemingway.








Texto e fotos vía El País.

23/05/09

Sen comentarios (V)



Vaia, esta vez con algún comentario. Vivenda unifamilar en obras en Montrove (Oleiros, A Coruña). Para o meu escarnio teño que vela todos os días. Amago de columna dórica-toscana pero insufrible no estético e cutre no material, non?


A hemeroteca da semana

Sábado, 23-V-09:
A exposición de Sorolla chega a El Prado.
Sorolla conságrase en El Prado.
O Pompidou presenta unha exposición só de mulleres.
Muñoz Molina e as pinturas da cova Chauvet.
Calvo Serraller comentando exposicións en galerías madrileñas.

Venres, 21-V-09:
Gran retrospectiva de Palladio.
Niemeyer presentou o proxecto para unha biblioteca.
Nova exposición de pintura da Fundación Caixa Galicia.
Fotografía da Rotonda de Palladio vía El País.

Xoves, 21-V-09:
Premio a Norman Foster en El País.
Premio a Norman Foster en El Mundo.
Premio a Norman Foster en La Vanguardia.
Premio a Norman Foster en ABC.
Proxecto de Barceló para o pavillón español en Venecia.
Exposición arbórea de Loris Gréaud.

Mércores, 20-V-09:
Os soños do pintor Estartús sobre ferro.
Exposición sobre a cultura íbera no MNAC.
García-Alix, o fotógrafo do exceso.
Iníciase o programa "Fisuras" no Reina Sofía.

Martes, 19-V-09:
Xa é visitable o castelo de Vauvenargues de Picasso.
Editadas as memorias de Robert Capa.
Presentación das novas obras da fotógrafa Maribel Longueira.
Sobre os grabados da Biblioteca do Consulado da Coruña.
Ricard Serra candidato aos Príncipe de Asturias.
Entrevista coa pintora ferrolana Rosa Fernández.
O Estudo Lamela constrúe en México un edificio para a banca.
Ilustración de Banco Santander en México vía El País.

Luns, 18-V-09:
Exposición de Tápies en Nova York.
Entrevista co pintor lugués Antonio Murado.

Domingo, 17-V-09:
As primeiras obras de Tàpies chega a Nova York.
O Thyssen prepárase para recibir a Matisse.
Os problemas dos museos de Galicia no Día Internacional dos Museos.
Exposición na Coruña: os versos en polaroid de Tarkovski.
Continúa a polémica sobre a herdanza de José Guerrero.
Sobre Calatrava e a súa estación na "Zona cero".
Peregrinar á tumba de Picasso.
Entrevista co comisario da exposición de Picasso de Nova York.

Ilustración de Tàpies vía El Mundo.

22/05/09

Norman Foster: Premio Príncipe de Asturias das Artes 2009

Sobre a concesión do premio Príncipe de Asturias das Artes 2009 a noticia en prensa que destaco é o texto publicado en La Vanguardia:

Oviedo. (EFE).-Norman Foster, "arquitecto de la era global", ha sido galardonado en Oviedo con el Premio Príncipe de Asturias de las Artes 2009 por anticipar "con brillantez la única 'polis' posible en el siglo XXI, al servicio del desarrollo sostenible y de la libertad personal y social".

"Estoy emocionado por recibir el Premio Príncipe de Asturias. Es un enorme honor y un maravilloso reconocimiento de la importancia del diseño como catalizador en la mejora de la calidad de la vida", dijo el arquitecto estrella en un comunicado. "Me gustaría también darles las gracias a los muchos colaboradores y estimados colegas que comparten conmigo este logro", agregó Foster.

A parte de por los lazos familiares, Foster está vinculado por proyectos realizados, como la Torre de Collserola en Barcelona (1992); Metro de Bilbao (1995) y el Palacio de Congresos de Valencia.

Aactualmente, tiene en proyecto la remodelación del Camp Nou y la estación de esquí de Cerler y también ha firmado uno de los cuatro rascacielos del complejo de las torres que se alzan en los antiguos terrenos de la Ciudad Deportiva del Real Madrid.

El acta del jurado, presidido por el ex ministro José Lladó, destaca la obra de "alcance universal" de este arquitecto y urbanista británico que ha sabido conjugar "la calidad estética, la reflexión intelectual y el diálogo entre territorio y ciudadanía, a través de un original dominio del espacio, la luz y la materia".

Las obras de Foster se encuentran dispersas por todo el mundo y entre las últimas que ha acometido están la estación subterránea de Florencia, la pirámide destinada al diálogo mundial entre las religiones en Astana, la nueva capital de Kazajistán, y el mayor aeropuerto del mundo, construido en Pekín para los Juegos Olímpicos. El arquitectose hizo popular por la construcción del Banco de Hong-Kong y Shangai, en 1985, al tratarse de un rascacielos de cristal de 47 plazas. Asimismo, es el autor del puente más alto del mundo, que se eleva a 243 metros sobre el río Tarn (Francia) y sobrepasa en 23 metros la altura de la Torre Eiffel. Inaugurado en diciembre de 2004, está considerado el primer gran proyecto del siglo XXI.

Foster se convierte así en el cuarto arquitecto que obtiene el galardón de las Artes con el que también han sido distinguidos el brasileño Óscar Niemeyer (1989) y los españoles Francisco Javier Sáenz de Oiza (1993) y Santiago Calatrava (1999).

El Premio de las Artes, al igual que los otros siete galardones que concede la Fundación Príncipe de Asturias, está dotado con 50.000 euros y será entregado por don Felipe de Borbón en una solemne ceremonia que se celebrará a finales de octubre en el teatro Campoamor de Oviedo.


Fotos vía ABC.

Nacido en Manchester el 1 de junio de 1935, es licenciado en Arquitectura por la Facultad de Arquitectura y Planificación Urbanística de la Universidad de Manchester y Doctor por la Universidad de Yale (EE.UU). A los 31 años, en 1966, deja su primera huella profesional, una fábrica al sur de Inglaterra. Sólo un año después funda, junto con Wendy Cheesman, Richard Rogers y George Wolton, el estudio de arquitectura 'Team 4'.

En 1999 'Team 4' pasa a llamarse 'Foster and Partners', que el propio galardonado preside y desde el que realiza sus proyectos. De sus trabajos destacan la cúpula de cristal del edificio restaurado del Parlamento alemán (1995-1999); los aeropuertos de Hong Kong y Beijing, la sede del Commerzbank de Frankfurt (1996) o un rascacielos de 62 pisos y planta triangular con jardines interiores distribuidos por sus tres fachadas.

El Puente de Millau, a 2.460 metros sobre el valle del Tarn, en Francia o el del Milenio en Londres también están entre sus obras más relevantes que no olvidan el diseño de planteamientos urbanos generales como Berlín, Cannes o el nuevo Londres.

Foster es considerado como el máximo exponente de la arquitectura de alta tecnología, que compatibiliza el diseño con la integración en el medio ambiente y con la comodidad para el usuario.

La Torre Century de Japón, el Centro de Arte Contemporáneo de Nimes (Francia), la terminal del aeropuerto de Milán, oficinas de Televisa (México); Estadio de Atletismo de Frankfurt (Alemania); Museo del Aire (Duxford, Reino Unido); estudios de televisión ITN (Londres); o tiendas londinenses Joseph, Esprit y Hamnet.

Otros de sus trabajos han sido las reformas de la estación central de tren deDresde, inaugurada en 2006; la biblioteca de Filosofía de la Universidad Libre de Berlín; la estación ferroviaria de Florencia y la ampliación del Aeropuerto Internacional de Pekín. De los numerosos premios recibidos destacan el Premio Europeo de Arquitectura Mies van der Rohe (1990), el premio Pritzker (1999), considerado el Nobel de Arquitectura y el Auguste Perret de la Unión Internacional de Arquitectos (2002). Distinguido en 1990 con el título de 'Sir', desde 1999 posee el título nobiliario de Barón Foster de Thames Bank.

Fuera de España trabaja en la faraónica ampliación del aeropuerto de Pekín, para lo que tomó como referente sus diseños para el de Heathrow (Londres) y proyecta la construcción de Masdar, en Abbu Dhabi, la primera ciudad sostenible del mundo. Foster ha impartido clases por todo el mundo y ha sido profesor de arquitectura en el Reino Unido y en Estados Unidos.




Fotos vía El Mundo.

21/05/09

Picasso: Les demoiselles d´Avignon


Pablo Ruiz Picasso: Les demoiselles d´Avignon.
Óleo sobre lenzo. 243,9 x 233,7 cm. Nova York, The Museum of Modern Art.

ANTECEDENTES
Durante a “Época Rosa” que transcorre entre 1095 e 1906, Picasso viaxou brevemente a Holanda e posteriormente a Gósol no Pirineo de Lleida onde quedará fascinado polas sinxelas e poderosas imaxes da pintura románica e polo primitivismo da estatuaria ibérica. Ao regresar a París comeza a pintar espidos e facer as súas primeiras esculturas, dando comezo a unha nova etapa, a “Época Negra”. Loxicamente o nome tamén estará en relación coa influencia da arte africana que acaba de coñecer posto que a descobre no Musée de l´Home.

Mais non sería lóxica obviar a influencia que Cézanne, póla estruturación compositiva das súas Bañistas e a que se lle dedican dúas grandes exposicións en 1907, a Ingres, nas famosas esceas do harén, estarán a causar no artista malagueño neses anos, a Matisse coa súa La joie de vivre exposta no Salón dos Independentes de 1906 e a Gauguin coa súa gran exposición retrospectiva de outubro de 1906.


A OBRA
O lenzo representa a unha mulleres espidas, que como aos seus amigos André Salomon e Max Jacob lles lembraban ás prostitutas da rúa barcelonesa de Avignon, acabará chamándose “Les demoiselles d´Avignon”. Comezou a traballar nel na primavera de 2007, cunha serie de dezasete bocetos en varias técnicas, ademais doutros moitos sobre as figuras individualizadas que acabarán compoñendo o cadro. Foi un proceso de case seis meses caracterizado póla progresiva simplificación formal. Nun principio, Picasso, incluíu a un rapaz cunha caveira na man que logo sería sustituído por un mariñeiro e mais tarde por outra muller. Das sete figuras iniciais, remataran aparecen tan só cinco. Inicialmente figuraba unha composición moito máis abigarrada, cun estudante, que apartando a cortina, entraba na habitación con cinco mulleres e un home, probablemente un mariñeiro. Coma se fora unha alegoría dos praceres carnais enfrontándose coa morte. Neses bocetos previos, a figura que mais traballa o pintor foi precisamente a do mariñeiro que logo non vai aparecer. A muller da esquerda trata de levantar unha cortina rosa. O seu duro perfil ten unhas claras influencias da arte exipcia. Pola contra, as dúas figuras centrais teñen máais semellanzas coas pinturas murais do románico catalán. Os rostros das figuras da dereita son máscaras, máscaras africanas, configurando unhas figuras nas que cabezas e corpos non gardan relación. Os contornos das figuras están marcadas con limas brancas e escuras mediante un estilo sintético.

Na parte interior central obsérvase un prato de froita, como se as protagonistas dispuxéranse a xantar. Debemos lembrar que nos traballos iniciais Picasso pintara unha caveira e unha flores. É un cadro sen fondo, sen profundidade, sen ilusión espacial. Se a tea tan só ten alto e ancho, entón, para que simular a terceira dimensión?

Sen dúbida o tema central é a muller espida, tema no que Picasso xa levaba tempo traballando así como unha curiosa predilección polos ambientes sórdidos.


ANÁLISE
Algúns dos trazos mais salientable deste cadro son: o rexeitamento total do relevo, clara división en superficies planas e pechadas polo contorno, fragmentación xeométrica e superposición do fondo e figura. As formas xeométricas e angulosas constrinxen a uns personaxes descompostos, contorsionados e nos que os obxectos e os plano semellan volverse cara ao espectador.


REXEITAMENTO
Tras meses de traballo, de esforzo, de bocetos, a case ninguén lle gustou a obra. Apollinaire, primeira persoa que viu o cadro rematado, demostra que non a comprende. Matisse considera que é unha ultraxe á arte moderna. Os seus marchantes consideran que errou o camiño e mesmo unha “grave perda para a arte francesa” (Schukin). Incluso o coleccionista Leo Stein ten unha sonora e groseira risotada ao ver o lenzo e mesmo pensa que Picasso volveuse tolo. Mais ao irse coñecendo a evolución do artista neste 1907 e nos anos seguintes, pouco a pouco vai sendo comprendida e admirada ata que Daniel-Henry Kahnweiler, quen pronto farase amigo de Picasso e logo historiador do cubismo, adquire todos os estudos preparatorios.


DESPOIS DE 1907
A obra permaneceu oculta ao gran público durante varios anos. Tan só puído ser contemplada por pouquísimas persoas. En 1920 foi adquirida por Jacques Doucet. Aparecerá reproducida na Revolution surréaliste en 1925 e exposta en 1937 por primeira vez en público no Petit Palais de París, durante a Exposición Universal.

Con esta obra e co retrato de Gertrude Stein (1905-1906) pódese afirmar que naceu a pintura de vangarda do século XX. Na actualidade gárdase no Museum of Modern Art de Nova York.

Créditos das ilustracións: do cadro, do primeiro boceto e do autorretrato de 1907.
Bibliografía: Picasso, 1881-1914. Rizzoli/Skira, 2003.


20/05/09

Norman Foster, Premio Príncipe de Asturias das Artes 2009

Reunido en Oviedo el Jurado del Premio Príncipe de Asturias de las Artes 2009, integrado por D.ª Mercedes Álvarez, D. Juan Cruz, D. Fernando Delgado, D.ª Lourdes Fernández, D. Jorge Fernández Bustillo, D. José Fernández-Velasco, D. Carlos Fitz-James Stuart Martínez de Irujo, Duque de Huéscar, D. José Luis Garci, D. Guillermo García-Alcalde, D. Jordi García Candau, D.ª Rosina Gómez-Baeza, D. Juan Carlos Laviana, D.ª Kely Méndez Riestra, D. Miguel Muñiz, D.ª Beatriz Pecker, D. Benigno Pendás García, D. Mariano Puig, D.ª Amelia Valcárcel, presidido por D. José Lladó Fernández-Urrutia y actuando de secretario D. José Antonio Caicoya, ha acordado otorgar el Premio Príncipe de Asturias de las Artes 2009 al arquitecto y urbanista británico Norman Robert Foster, cuya obra de alcance universal conjuga la calidad estética, la reflexión intelectual y el diálogo entre territorio y ciudadanía, a través de un original dominio del espacio, la luz y la materia. Norman Foster, arquitecto de la era global, anticipa con brillantez la única "polis" posible en el siglo XXI, al servicio del desarrollo sostenible y de la libertad personal y social.

Oviedo, 20 de mayo de 2009

Traxectoria do premiado.

Animación Stop-Motion

No magnífico blog Arquitectura2 atopei esta curtametraxe de animación. Gústavos?

19/05/09

A Casa da Fervenza (Fallingwater)

Son moitísimas as informacións sobre esta obra que habitualmente é considerada como a vivenda unifamilar máis famosa do século XX. Como todo o que podería dicir xa está escrito, recoméndovos que visitedes a entrada de Mi Moleskine Arquitectónico sobre a Casa Kaufmann, como tamén é coñecida. Lede con atención o texto e admirade a calidade das fotografías introducidas.

Lembrade que sobre este arquitecto, Frank Lloyd Wright, hai xa vairas entradas en INICIARTE, co tag de "Arquitectura do XX".

Finalmente preparei unha selección de vídeos sobre esta vivenda que se integra na natureza ou que a domina?


18/05/09

George da Tour: Magdalena penitente

Como xa contara INICIARTE, os museos de El Prado e o Louvre iniciaron unha colaboración co préstamo de obras. Neste momento a pinacoteca madrileña conta coa Magdalena penitente de Georges da Tour. Podedes ver, agora, este vídeo sobre este interesantísmo artista barroco francés.

17/05/09

17 de Maio, Día das Letras Galegas

Coma moitos blogues galegos, hoxe INICIARTE, fai unha entrada sobre o Día das Letras Galegas. Ao mal tempo... boa manifestación en Santiago.

Desde Un rato naBiblioteca chégannos estes vídeos:





Versión rapeada sobre un texto de Celso Emilio Ferreiro:

16/05/09

Turismo arquitectónico

No suplemento El viajero do xornal El País, publícase hoxe unha reportaxe sobre lugares "onde toca facer foto", lugares da última arquitectura dun interese significativo:

"Un espigón, un teatro, un rascacielos, un hotel o un centro de turismo ecuestre. La mejor arquitectura se convierte en una atracción en sí misma.

Ya no sólo las ciudades congregan edificios de vanguardia. Algunos de los nuevos proyectos de la mejor arquitectura española redibujan la costa. Otros se pelean con el viento para crear un destino turístico hotelero en medio del paisaje desértico. Un teatro puede leerse en Madrid como un cruce de caminos. Pero también un rascacielos, el de Gas Natural en Barcelona, cuyo solar privado atraviesa una calle de uso público. En conjunto, una imagen sorprendente y plural. Si, efectivamente, la necesidad agudiza el ingenio, la arquitectura podría despertar abruptamente de algunos sueños. Y de muchas pesadillas. Las condiciones adversas: programas complejos, presupuestos limitados o dureza del entorno, pueden contribuir a que salgan de la chistera edificios muy originales. Está sucediendo en España. La arquitectura más rompedora ha dejado de estar centralizada en Madrid y Barcelona. La última bienal ha descubierto a finalistas en parajes insospechados.

EDIFICIO-PAISAJE
01 Cultura del mar
Cuando Jesús Irisarri y Guadalupe Piñera recibieron el encargo de construir casetas para los aperos de los pescadores en la boca de la ría de Vigo, recordaron los muelles de su infancia, en la antigua Casa del Mar. Por eso pensaron que el espigón debía convertirse en paseo y que los departamentos para los pescadores no podían taponar visualmente las vistas al mar. Así, diseñaron un edificio semitransparente empleando la idea de las jaulas metálicas, un elemento tradicional de la pesca, permeable por el mar y, en este caso, permeable a las vistas. A través de estas nuevas casetas, con Premio FAD al paisaje, Irisarri quiso llevar la cultura del mar "a la vista del ciudadano".


Texto completo e foto vía de castea de mariñeiros de Irisarri e Piñera El País.

Exposición: 50 anos do Guggenheim de Wright

La muestra sobre el arquitecto de la sede neoyorquina llegará a Bilbao en octubre.
















Su espiral ascendente, su asombrosa fluidez y sus paredes curvas forjaron la leyenda del canto del cisne de un arquitecto, también marcaron el nacimiento de un nuevo modelo de museo.

Construido hace 50 años, el edificio del Guggenheim de Nueva York revolucionó con inteligencia el concepto arquitectónico de exposición. Este formidable espacio acoge hasta el 23 de agosto una fascinante exposición dedicada al hombre que le dio forma: Frank Lloyd Wright (Richlan Center, Wisconsin, EE UU, 1867 - Phoenix, 1959). Arquitecto visionario en lucha contra la deshumanización de las ciudades y que subrayó la importancia de construir pensando en las necesidades interiores de cada edificio, fue un creador prolífico que no llegó a construir muchos de los proyectos que imaginó. La muerte le atrapó apenas seis meses antes de inaugurar el museo, en 1959.

En su obra, de la que aquí se presentan los 64 proyectos más significativos bajo el título Frank Lloyd Wright: de dentro hacia fuera, se pueden encontrar puntos comunes. La exposición viajará en octubre al Guggenheim de Bilbao, donde otro edificio icónico albergará los sueños del gran patriarca de la arquitectura estadounidense. Para él, era fundamental la búsqueda de la armonía entre el edificio, el ser humano y la naturaleza. Poseía una inquietud visionaria por estimular la interacción social a través de la creación de espacios comunes, abiertos y orgánicos. Su meta siempre fue subrayar los efectos positivos de la arquitectura sobre la calidad de vida del ciudadano. "La apuesta por redefinir el espacio, por crear desde dentro hacia fuera, es lo que después ha marcado a otras generaciones de arquitectos. Pararse a pensar primero para qué y cómo se va a utilizar el espacio antes de darle forma. Siempre tenía en cuenta a las personas que lo van a habitar, pero sin olvidar el exterior. Eso es lo más importante del legado de Wright", afirma María Nicanor, una española que forma parte del equipo de comisarios y que incluye entre otros a Bruce Brooks Pfeiffer, director de los Archivos Frank Lloyd Wright, donde se conservan los dibujos, cartas y manuscritos de donde ha salido el grueso de la muestra.

Pfeiffer conoció bien a Wright: con apenas 19 años se enamoró de la residencia Taliesin West y decidió estudiar con él. Trabajó a su lado hasta su muerte y después se dedicó a preservar el legado de su mentor. "No le gustaban las ciudades, él abogaba por la descentralización, por acercar a la gente a la naturaleza, por integrar la ciudad en el paisaje. En ese sentido era muy muy verde. La contradicción es que esa idea de ciudad es muy dependiente del coche. Amaba los coches porque amaba la tecnología", comenta Pfeiffer.


Texto completo e fotos vía El País.

A Hemeroteca da semana

Sábado, 15-V-09:
O automóbil coma obxecto de exposición.
Primeira gran exposición en España do chinés Ai Weiwei.
Unha galega exerce de comisaria no Guggenheim de Nova York.
Pemios Europa Nostra para España.

Venres, 15-V-09:
50 anos do Guggeheim de Wright.
Exposición de Matisse a partir do 7 de xuño en Madrid.
Antonio López desexa pintar unha bóveda do Pilar de Zaragoza.
Récord en vendas para David Hockney.
Tarsila do Amaral expón en Santiago.
Experiencia artística galega en Berlín.

Xoves, 14-V-09:
O Premio Velázquez recoñeza a videocreación.
España segundo Sorolla: exposición con 33 óleos.
Novidades no MacBa barcelonés.
A Venus máis antiga ten 40.000 é case pornográfica.
Actividades de Photoespaña.
Exposición fotográfica sobre o maio do 68.
Imaxe da Venus vía La Vanguardia.

Mécores, 13-V-09:
The New York Times ataca a estación de Calatrava para a "Zona cero".
Atopada unha tumbra prehispánica no Machu Pichu.
Ilustración de Calatrava vía El Mundo.

Martes, 12-V-09:
Revolución organizativa no museo de Orsay.
O Premio Catalunya para o videoartista Bill Viola.
Lorena Allas: a coleccionista de soños.
Exposición en Sevilla da Hispanic Society of America.
Opinión sobre a última experiencia de Barceló.
Cristiandade á inglesa: Gilbert&George.
Ilustración vía El País.

Luns, 11-V-09:
Arquitectura de exportación.
O CGAC leva pezas á rúa.
Fotografar por impulso: experiencia en Madrid.

Domingo, 10-V-09:
Barceló no Teatre Lliure.
Madridfoto amosa as últimas tendencias fotográficas.
Richard Meier en El País Semanal.
A arte en papel chega a Granada.
Reclaman a recuperación do legado de Man en Camelle.
Berlín: a crise reduce o investimento en arte.
Calatrava expón os seus deseños para a estación da "zona cero".
Remodelación do pazo de "La Olmeda".

15/05/09

ARTScope e o Museo de Arte Moderna de San Francisco

Por unha das xa "colaboradoras" de INICARTE, Catuxa Seoane, coñecín que no blog de Manuel Gago, Capítulo 0, falábase de ARTScope, unha nova ferrmenta para darse un paseo polos fondos do Museo de Arte Moderna de San Francisco. Paga a pena que perdades un pouco de tempo ou que xoguedes un ratiño.

14/05/09

Le Corbousier, mestre da arquitectura contemporánea (IV): a Vila Savoia

Lede con atención o que di Giulio C. Argán sobre a obra mestra da arquitectura do XX:
"A Vila Saboia é un dos puntais do racionalismo arquitectónico europeo; e non é máis que un paralepípedo branco suspendido no aire por uns áxiles alicerces (pilotis) e apoiado nun corpo máis pequeno que el, escuro, e case oco a causa do efecto das cristaleiras. O corpo superior está alixeirado polas fiestras continuas que o dividen en franxas paralelas desiguais pero proporcionais. A vila está no calvero dun bosque; Lê Corbousier puxo “a casa na herba como quen deixa un obxecto, sen estragar nada”; e proxectouna como unha serie de niveis paralelos ao chan para dar, desde o exterior, a sensación dun volume baleiro e articulado.

Posto que a vivenda está no piso superior, o xardín está ao seu nivel, suspendido a tres metros e medio do chan. A cobertura do edifico utilízase como solarium, con paredes de protección curvadas sobre as cales a luz ten modulaciones de claroscuro. O mesmo Le Corbousier precisa: “os catro lados de fachada son pura e simple función, desde o momento en que deixan pasar a luz e permiten ver a paisaxe”. En realidade, as catro fachadas son como a superficie dun cadro, un plano máis aló do cal ábrese un espazo imaxinario. Aínda que a primeira vista é tan sinxelo, non se chega a captar o valor de pura forma xeométrica se non se ten en conta a súa estrutura interior: o movemento das paredes do solarium, o baleiro do xardín interior, as oblicuas das ramplas, a cavidade en penumbra dos espazos baleiros da planta baixa e o contraste plástico e de luz que hai entre estes volumes baleiros en penumbra e a gran luminosidade dos volumes do piso superior. E nótese que os espazos baleiros que hai tras os pilotis teñen función de acceso, de maneira que quen chega en coche faio directamente ao interior, ao corazón da construción.

Le Corbousier confire a esta comodidade práctica unha importancia decisiva en toda a construción. E ten razón. Así destrúe a mentalidade clasista pola que unha casa de campo era un lugar privilexiado, unha forma que se situaba na paisaxe e cualificábao, un acto arquitectónico que coroaba a beleza da natureza; só con vela desde fóra daba a medida do alto rango social, a cultura clásica e o bo gusto dos seus propietarios. Para Le Corbousier un chalé é un lugar no que se vive e desde o cal vese a paisaxe; ten os seus espazos sabiamente adaptados ás formas de vivir e ten ata un xardín a nivel das habitacións, integrado na construción; o espazo natural exterior é horizonte, e tal como se inscribe no corte horizontal da cristaleira corrida. Todo o interese do arquitecto reside en establecer unha ecuación entre dúas dimensións do mesmo espazo e entón a casa é unha mediación funcional -poderíase dicir que é un transformador de intensidades luminosas e magnitudes espaciais- entre o ambiente íntimo, vivo, consustancial á vida ordinaria e o ambiente libre e dilatado dunha paisaxe ao que a construción, respetuosamente, non turba.
Nesta fase, Le Corbusier aínda está baixo a influencia do Cubismo; próbao a compenetración da casa-obxecto co espazo, a comunicabilidad de interior e exterior, a resolución do movemento distribuitivo ou descompositivo das habitacións no plano plástico das fachadas (ou, como máis exactamente di o artista, da fachada, xa que de feito trátase dunha única fachada de catro lados que se identifica con toda a superficie do bloque). Vila Sabioa está no espírito, máis que de Picasso, de Gris e das obras de Braque posteriores ao 20, cando da descomposición dos planos do espazo renace, ou se deduce, un obxecto que non é símbolo senón criatura do espazo. Pola mesma razón, a vila é case unha nítida cristalización do espazo, onde o seu ritmo luminoso cambia de frecuencia pola intervención dun factor humano."
Giulio Carlo Argan. El arte moderno. Vol II. Valencia, Fernado Torres, 1977, pp. 512-524


Created with Admarket's flickrSLiDR.
De entre os innumerables recursos web que hai sobre esta vila non deixedes de consultar a información aportada por Enseñ-arte, as fotos do concello de Poissy onde se asenta ou estes planos e fotos dunha páxina en inglés.

13/05/09

Censura "artística" no portal educativo da Xunta de Galicia?


O portal educativo da Xunta de Galicia tivo un troco de foto moi significativo nuns minutos. Censura artística?

Comparede a primera foto coa segunda:

Texto: "Deica entón -deica os seis anos- a miña lingua única fora a galega, así que o choque máis importante que me produciu a escola foi o cambio de lingua".



Texto: "Polo serán fumos á estación do ferrocarril para tomar o tren a Lugo. Lembro, ques estabamos agardando a plataforma, que detrás de nóa había un montón de carbón e que o meu pai falaba cun coñecido del. Eu agardaba cunha curiosidade tensa por ver o tren".