28/5/09

Mies van der Rohe: Visions of space (Less is more)

L. Mies van der Rohe (1886-1969) tamén foi como Gropius alumno de Beherens. Director de Bauhaus e, como Gropius, abandonou Alemaña en 1937. Estaba convencido que os rañaceos serían o elemento arquitectónico máis salientable das novas cidades cando en Europa tíñase outra opinión sobre eles. É curioso que cando non deseña rañaceos deseña edificacións moi pegadas ao chan. En palabras de Giulio C. Argán:


En todo o panorama da súa investigación, o rañaceos é o tema central; cando non proxecta para grandes alturas, proxecta para extensións mínimas; edificios a ras de chan, amplas coberturas planas sobre baixas paredes de cristal con estruturas portantes para o interior que coinciden coas divisorias, as cesuras do espazo habitado. Vencellado como está á experiencia neo-plástica, que para el foi decisiva, non admite máis que dous eixes estruturais, o vertical e o horizontal, e unha soa entidade formal, o plano. O espazo natural non existe, valen só os seus termos extremos: o solo e o ceo, o un e o infinito. Non hai ningún interese, pois, nin polo ambiente natural, nin polo social, nin polo doméstico

Giulio Carlo Argan. El arte moderno. Fernando Torres, 1977, páx. 339.
Ilustración Seagrambuilding.



Para comprendelo mellor podedes ver estes sete videos da BBC.

No hay comentarios: