26/5/09

Frank Lloyd Wright: As Prairie House (II). A Robie House (I)

A Casa da Pradería máis famosa de Wright foi a Casa Robie en Oak Park (1906-09), Chicago, Illinois.

A relación entre o cliente, o enxeñeiro e construtor de bicicletas Frederick C. Robie, e o arquitecto foi moi intensa durante o período de deseño da vivenda. O cliente desexaba unha casa que estivera moi protexida contra os incendios, que non tivera espazo pechados en forma de bloques e non lle gustaban nadas elementos decorativos como as alfombras ou as cortinas. E, ademais e loxicamente, desexaba unha vivenda que resultara práctica de habitar, que funcionara como unha máquina. "Sabía o que quería, e quería obter o que eu quería e ao diaño con todo o demais," dixo Robie no Foro de Arquitectura de 1958.

A vivenda está organizada en dúas zonas moi marcadas, a pública, orientada cara a rúa, e a de servizos que mira cara o outro lado. Como noutros exemplos das súas Prairie House, o andar baixo conta coa zona de xogos, calefacción, lavadeiro e despensa así como o acceso desde un lateral. Tras subir as escaleira atópase unha gran peza con cheminea no centro que serve para dividir o comedor e a sala de estar. Os dormitorios están no terceiro andar.

O arquitecto acadou enormes aleiros grazas ao pioneiro emprego de aceiro na estrutura da casa, con dúas grandes vigas que discorren lonxitudinalmente ao longo de toda a vivenda, ancorándose na cheminea.

Todos os mobles foron deseñados polo arquitecto, mesmo chegarían a ser moi famosas a mesa e as cadeiras do comedor.







Sobre esta obra poderedes ver máis información e fotografías no blog Mi Moleskin Arquitectónico, por certo, información e fotografías moi parecidas á Construmática. Tamén hai máis fotos, documentos e planos, e mesmo unha novela xuvenil sobre esta fermosa vivenda.

No hay comentarios: