"As consideracións teóricas que se expoñen seguidamente baséanse en experiencias prácticas de longos anos sobre o terreo mesmo da construción.
A teoría pide sobriedade de expresión. Non se trata aquí, de ningún xeito, de fantasías estéticas ou de enfoques segundo efectos á moda, senón de verdades arquitectónicas, que significan un modo absolutamente novo de construír desde a vivenda ata o palacio.
1.- Os soportes. Resolver un problema por vías científicas, quere dicir, en primeiro lugar, distinguir os seus elementos. Por iso, nun edificio pódense separar, desde logo, as partes que levan o peso daqueloutras que non soportan nada. No canto dos cimentos antigos, en que descansaba a obra sen previo cálculo, entran en función fundamentos illados e, no canto de muros, soportes independentes. O mesmo os soportes que as súas bases, calcularanse con exactitude segundo a carga que van levar. Estes soportes ordénanse segundo distancias iguais e determinadas, sen ter en conta para iso a disposición interna da casa. Levántanse directamente do chan ata 3, 4 6 ou os metros que sexan, elevando así a planta baixa. Con isto líbranse as habitacións da humidade da terra; teñen luz e aire; o terreo de edificación queda para o xardín, o cal, por conseguinte, deslízase por baixo da casa. Outra superficie igual gáñase tamén no teitume plano.
2.- Azoteas-xardíns. O tellado plano esixe deseguido que se lle utilice en beneficio da vivenda: tellado-terraza, tellado-xardín. Doutra parte, o formigón armado pide unha defensa contra a variabilidade de temperaturas do exterior. O traballo excesivo do formigón armado, diminuirase mantendo a humidade latente no teito de formigón. O tellado-terraza atende aos dúas esixencias (capa de area, lixeiramente humedecida, cuberta con placas de cemento, con céspede entre as xuntas; a terra dos leitos de flores en contacto directo coa capa de area)
(...) A azotea-xardín chega a ser así un dos sitios preferidos de toda a casa. E é de gran importancia, en xeral, para as cidades que queiran resarcirse da superficie empregada na construción."

Le Corbusier. Cinco puntos para una nueva arquitectura (1926). Citado por Simón Marchán. La arquitectura del siglo XX. Madrid, Alberto Corazón, 1974, pp. 293-295.
No hay comentarios:
Publicar un comentario