Antes de converterse nun dos arquitectos máis paradigmáticos do século XX, P. Jeanneret Le Corbusier comeza os seus estudos de gravado na Escola de Artes Aplicadas da Chaux-de-Fonds. A mediados da década dos anos 10, Le Corbusier comeza a súa carreira de arquitecto, viaxa por Europa e Oriente Medio estudando de forma autodidacta as edificios do pasado e traballando para J. Hoffmann, A. Perret e P. Behrens.
En 1911 instálase na súa cidade natal traballando como mestre de escola. Alí realiza varios proxectos como o das casas Domino (1914-1915) cimentadas baixo unha estrutura de cemento armado mediante módulos que conseguen a fabricación en serie. Anos máis tarde, atópase en París, onde xunto a Ozenfant e Dermée fundan o movemento purista en pintura e a revista "L'Esprit Nouveau". En 1922 abre un estudo xunto a Pierre Jeanneret.
Le Corbusier publicou "Vers une Architecture" en forma de libro en 1923, recompilando artigos xa publicados na revista "L'Esprit Nouveau". Para Lle Corbusier o panorama da arquitectura naqueles momentos era decadente por perder o contacto verdadeiro cos seus valores eternos. Con todo, estaba aparecendo unha nova cultura da máquina. Así, pois, o traballo do arquitecto sería combinar as imaxes da máquina coas obras da arquitectura do pasado.
En 1925 exhibe para a exposición de Arte Decorativas de París o primeiro proxecto do Plan Voisin para París. Nos anos posteriores, dedícase á proxección de numerosas obras arquitectónicas como o concurso para o Palacio da Sociedade das Nacións en Xenebra, A cité de Refuge do Exército de Salvación de París, o pavillón suízo na Cidade Universitaria en París, etc.
En 1935 publica un libro sobre teorías urbanísticas, "A ville radieuse" e trasládase a Estados Unidos e a Brasil. Durante o período de conflito internacional continúa as súas investigacións destacando o rañaceos cartesiano. En 1948 publica "Le modulor", un estudo de carácter modular baseado en medidas e movementos do home e de 1950 ao 1955 constrúe a famosa capela de Notre-Dáme-du-Haut.
Preconiza a redución de tódolos edificios ás formas básicas xeométricas do rectángulo, a superficie plana, o cubo e o cilindro. “A arquitectura é o xogo sabio, correcto e magnífico de volumen ensamblados baixo a luz (…) Os cubos, os conos, as esferas, os cilindros ou as pirámides son as grandes formas primarias que a luz revela ben (...) é a condición esencial das artes plásticas”
-Propuxo o emprego de elementos antitradicionais como paredes de cristal, pilares de formigón sustentadores do edificio en forma de T…
-Entendemento da casa como unha máquina de habitar (nas que elimina o superfluo e potencia a comodidade e a funcionalidade) en consonancia cos avances industriais que incorporaban os automóbiles, os grandes transatlánticos e aeroplanos.
-O proxecto Domino 1914-15 presenta unha unidade de estrutura prefabricada en cemento armado, mentres que os proxectos para a Casa Citrohan, 1919-22, plasman moitas das súas teorías: plano libre, volume cúbicos suspendidos sobre pilastras e a utilización do tellado.
-En 1926 presenta os seus famosos "Cinco puntos dunha nova arquitectura": emprego de pilotis, terraza-xardín xobre tellado plano, planta libre, fiestra lonxitudinal, composición libre da fachada.
-A Vila Saboia, 1929-1931, en Poissy, é unha das obras fundamentais da historia da arquitectura.
-Preocupación pola necesidade dunha nova planificación urbana moi influínte no urbanismo do XX. Os seus proxectos para a cidade industrial moderna establecen unha relación ordenada entre as vías do tráfico e as zonas de vivenda e traballo
-Preocupación pola necesidade dunha nova planificación urbana moi influínte no urbanismo do XX. Os seus proxectos para a cidade industrial moderna establecen unha relación ordenada entre as vías do tráfico e as zonas de vivenda e traballo
-Sobre os problemas da vivenda, defende casas altas con amplas zonas verdes provistas de infraestruturas e servizos sociais onde o individuo non se aille; liberación dos espazos inferiores elevando o edificio sobre o nivel do chan; formas simples e xeométricas recurrindo á tecnoloxía: a prefabricación.
-Coa “Unidade de habitación” de Marsella (zona comercial na planta central e servizos comunitarios sobre a cuberta) creou un punto intermedio entre as grandes cidades e os edificios.
Para profundar na súa obra on-line non deixedes de visitar a información que proporciona Arquitectura.com
Bibliografía:
-Le Corbousier. Le grand. (Aínda non o teño, pero caerá)
Delfín Rodríguez. Transformaciones de la arquitectura en el siglo XX.
Josep Quetglas. Le Corbusier.
Giuluio C. Argan. El arte moderno.
1 comentario:
Fantástico post!! cada día adoro más a Corbu (^_^) si es que ese hombre fue la caña construyendo edificios!!
Besos
Publicar un comentario