14/2/08

Miguel Anxo: o Xuízo Final na capela Sixtina

Vinte anos despois de ter rematado os traballos na bóveda, en 1532, o Papa Clemente VII encargoulle a Miguel Anxo a decoración da parede do fondo da Capela Sixtina co Xuízo Final. Se ben non principiaría a obra ata 1536, co papa Paulo III, concluíndoa en 1541. A inauguración do fresco debería supor un símbolo da reafirmación papal tras o saqueo da cidade de 1527.

Miguel Anxo comezou recubrindo a parede cun novo muro inclinado de arriba a abaixo (26 centímetros) para que o po non se acumulara nas pinturas e, para iso, tivo anular algúns dos fresco xa pintados con anterioridade.



Os traballos confirman a tráxica visión filosófica do artista, ademais de inspirarse no libro do Apocalipse e na Divina Comedia de Dante Alighiere. No centro atópase Cristo, coa Virxe, quen, cun simple xesto dun brazo, decide a salvación (as figuras da esquerda soben ao ceo) ou a condena (o grupo máis numeroso de persoas espidas á dereita que se precipitan ao inferno) das persoas.

As figuras móvense como nun remuíño sobre un fondo azul sen apoio arquitectónico. Os
defuntos, abaixo á esquerda son despertados polo soar das trompetas dos anxos. Estes últimos sen ás, están colocados no centro da pintura, e amosan dous libros: un entre as mans do arcanxo Miguel, con nome dos benaventurados, e outro, máis grande, é a relación de condenados.

No grupo da esquerda, ademais dunha relación de santos, poderemos apreciar un autorretrato do autor no rostro de san Bartolomeu. Na esquerda tamén esta retratado o papa como san Pedro. Na escena de Caronte, o mítico barqueiro da Eneida e da Divina Comedia, este empurra as almas dos pecadores para que deixen a barca. Este grupo conclúe coa figura de Blas de Cesena, mestre de cerimonia do papa que se atrevera a criticar a obra de Miguel Anxo afirmando que era unha pintura par un baño ou para un hostal. O artista retratouno como Minos, xuíz dos infernos na mitoloxía.

O estilo de Miguel Anxo é profundamente diferente ao da bóveda e expresa as modificacións dos seus sentimentos con respecto á vida: Deus é o xuíz severo ao que ninguén pode oporse.

Tras a decisión do Concilio de Trento en 1563 de que se realizaran nos edificios relixiosos obras que manifestaran pudor e boas costumes, estes frescos foron retocados por Daniele Volterra, alumno de Miguel Anxo, quen engadiu os famosos velos para cubrir os espidos das figuras. Por esta razón será coñecido como “il bragehettone”


Finalmente os frescos do Xuízo final foron restaurados entre 1990 e 1994. Estes traballos de restauración permitiron descubrir un Miguel Anxo enormemente preocupado, non só polo deseño, pola cor. De feito, as cores “redescubertas” son sumamente claros, vivaces e chamativos, combinadas cunha grande sabedoría pictórica para reducir o efecto de aplanamento das figuras, consecuencia inevitable da lonxanía do ollo do espectador con respecto ás imaxes. Na restauración decidiuse manter os engadidos de Volterra por non así outros posteriores.


Fixádevos na fotografía da dereita para apreciar as melloras nas cores. E lembrade que na sección de Galería de imaxes tedes todas as obras da pintura renacentista.



2 comentarios:

saaritaa dijo...

La verdad es que Miguel Ángel es claramente uno de los mejores maestros,tanto en pintura como escultura...la capilla sixtina tiene que ser alucinante!!

Antonio Martínez dijo...

En verdade é alucinante, pero non so polos traballos de Miguel Anxo senón tamén polas obras dos outros pintores.