
Miguel Anxo comezou recubrindo a parede cun novo muro inclinado de arriba a abaixo (26 centímetros) para que o po non se acumulara nas pinturas e, para iso, tivo anular algúns dos fresco xa pintados con anterioridade.
Os traballos confirman a tráxica visión filosófica do artista, ademais de inspirarse no libro do Apocalipse e na Divina Comedia de Dante Alighiere. No centro atópase Cristo, coa Virxe, quen, cun simple xesto dun brazo, decide a salvación (as figuras da esquerda soben ao ceo) ou a condena (o grupo máis numeroso de persoas espidas á dereita que se precipitan ao inferno) das persoas.

As figuras móvense como nun remuíño sobre un fondo azul sen apoio arquitectónico. Os defuntos, abaixo á esquerda son despertados polo soar das trompetas dos anxos. Estes últimos sen ás, están colocados no centro da pintura, e amosan dous libros: un entre as mans do arcanxo Miguel, con nome dos benaventurados, e outro, máis grande, é a relación de condenados.

O estilo de Miguel Anxo é profundamente diferente ao da bóveda e expresa as modificacións dos seus sentimentos con respecto á vida: Deus é o xuíz severo ao que ninguén pode oporse.
Tras a decisión do Concilio de Trento en 1563 de que se realizaran nos edificios relixiosos obras que manifestaran pudor e boas costumes, estes frescos foron retocados por Daniele Volterra, alumno de Miguel Anxo, quen engadiu os famosos velos para cubrir os espidos das figuras. Por esta razón será coñecido como “il bragehettone”

Finalmente os frescos do Xuízo final foron restaurados entre 1990 e 1994. Estes traballos de restauración permitiron descubrir un Miguel Anxo enormemente preocupado, non só polo deseño, pola cor. De feito, as cores “redescubertas” son sumamente claros, vivaces e chamativos, combinadas cunha grande sabedoría pictórica para reducir o efecto de aplanamento das figuras, consecuencia inevitable da lonxanía do ollo do espectador con respecto ás imaxes. Na restauración decidiuse manter os engadidos de Volterra por non así outros posteriores.
Fixádevos na fotografía da dereita para apreciar as melloras nas cores. E lembrade que na sección de Galería de imaxes tedes todas as obras da pintura renacentista.
2 comentarios:
La verdad es que Miguel Ángel es claramente uno de los mejores maestros,tanto en pintura como escultura...la capilla sixtina tiene que ser alucinante!!
En verdade é alucinante, pero non so polos traballos de Miguel Anxo senón tamén polas obras dos outros pintores.
Publicar un comentario