Esta arte xurde unida á aparición dunhas novas formas de vida política, social e económica que teñen a súa proxección no pensamento, na literatura e nas formas artísticas.
O termo Renacemento procede da obra de Giorgio Vasari Vidas dos mellores pintores, arquitectos e escultores italianos (1550, revisado en 1568) mais non será ata o século XIX cando o concepto teña ampla aceptación.
Véñense distinguindo tres etapas: o século XV ou Quattrocento, o século XV ou Cinquecento e unha última a partir de 1520/30 como reacción anticlásica ou Manierismo.
Xurde a nova figura dos mecenas e hai un novo rol do artista que de artesán pasa a creador.
Algunhas características:
-Época de grandes descubrimentos xeográficos, nacemento do sistema capitalista de producción, aparición das monarquías autoritarias e formación dos grandes Estados unificados modernos. Desenvolvemento das cidades, auxe mercantilista, a burguesía como clase social determinante: cliente e mecenas.
-Nova concepción do mundo: fronte á supeditación do individuo á Divindade e da razón humana ás verdades absolutas da Teoloxía propia da concepción medieval do mundo, o home se erixe no centro do mundo e da nova visión das cousas renacendo a súa confianza na razón, na súa iniciativa, no seu enxeño. O home como medida de tódalas cousas .
-Novo criterio de beleza: o autenticamente belo é, sobre todo, o home en tódalas súas facetas, a vida cotiá e a natureza que o rodea. Esta nova concepción estética repercutirá na arte coa aparición de novos temas, no interese pola beleza corporal, etc. Consideración da beleza como expresión dunha orde intelectual. Nova relación coa Natureza.
-O papel de Italia neste movemento de renovación da cultura: condicións económicas, políticas e culturais que o posibilitan.
-Volta á Antigüidade.
-O Humanismo: novo xeito de concibir o Universo, criterio científico-racional. A arte será considerada como obra intelectual e non unha obra manual. A Arte independizarase do estamento relixioso. Comerciantes, banqueiros: arte laica, secularización (non paganización)
-O Neoplatonismo: intento de unificar o pensamento clásico (Platón) co cristianismo.
Outros blogs de arte (Enseñ-arte, Historiarte, Historia del Arte) tamén teñen abordado este tema. Podes repasar todas as imaxes da arte renacentista nesta ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario