Esta entrada vai dedicada á benquerida amiga Esther, magnífica guía nas Terras do Deza.
Foi construído no ano 970, sobre o río Arnego. É unha ponte
feita en pedra, que conta con dous arcos de medio punto sobre os que se apoia o
taboleiro feito de grandes laxas. Na actualidade carece de cornixa. Posúe
restos de varandas con bloques monolíticos de pedra e taxamar.
É o único que queda en pé das seis que se construíron na
Idade Media e que enlazaban a rexión do Deza con Antas de Ulla.
Esta ponte, un dos monumentos máis antigos da rexión, tamén
era coñecida como “ponte do portádego” xa que era necesario pagar un imposto
para cruzalo, para este fin había unha pedra que estaba no lugar de Parada,
este nome designa todos aqueles lugares ao longo dos camiños onde se cobraba a
“parata”, o que viña sendo unha aduana.
Hoxe en día segue sendo ligazón entre as localidades de
Gurgueiro (Agolada) e Parada (Lalín)
Foi lugar de asasiñatos carlistas en 1839.
As obras de restauración da ponte de 2020 causaron moita
polóemica na contorna tanto polo peitoril como polas inncesarias escaleiras que
baixan ata o río.
No hay comentarios:
Publicar un comentario