Localízanse na Praza de Amador dos Ríos, número 4. A visita
realízase nunha sala duns 50 metros cadrados. Estes restos foron descubertos en
1986.
O texto procede do Consorcio de Toledo.
Os restos arqueolóxicos aquí conservados convértense en referentes dos sistemas e procesos construtivos empregados na Enxeñería e Arquitectura romanas de carácter civil, algúns dos cales, como o emprego do formigón de cal (Opus caementicium) ou o uso do arco formado por doelas de pedra, supuxeron unha auténtica revolución tecnolóxica na Hispania da época. Estas innovacións atópanse ben representadas neste lugar, contando tamén cun tramo de canalización ou galería abovedada fabricado con Opus Caementicium e un arco formado por doelas graníticas almofadadas, que deberon formar parte da subministración de augas limpas á cidade e, en concreto, dadas as súas dimensións, do abastecemento aos edificios públicos de maior importancia.
Como xa indicamos, sobre estas estruturas dispúxose un complexo arquitectónico cunha funcionalidade exclusivamente balnear ou termal. Os restos aquí documentados configuran polo menos dúas estancias, a primeira delas mal coñecida polo momento, sendo a segunda unha estancia rectangular (aproximadamente 12 x 10 m.: 120 m2), cuxo subsolo foi dotado dun sistema de calefacción (hipocausto) destinado a caldear o alzado da sala, configurándose como unha sorte de sauna ou sala cálida (caldarium), básica no ritual romano do baño e presente en todas as construcións termais do momento.
As dimensións deste caldarium, a coidada planificación da súa
construción e os materiais utilizados na súa decoración (mármores, estatuas) permítennos
indicar un carácter público do edificio, levantado, sen ningunha dúbida, baixo
os auspicios do poder Imperial.
Polo que respecta á cronoloxía dos restos, aínda que na súa
edificación pódense apreciar dous momentos construtivos claramente diferentes,
corresponden a un período situado entre fins do s. I e mediados do século II d. C.
Co tempo, o edificio debeu arruinarse, sendo afectado e reutilizado por novas
estruturas levantadas en épocas posteriores, tales como o silo datado entre os
séculos XII a XIV; os dous alxibes emprazados no seu sector occidental, datados
a partir do século XVI, ou os piares de ferro que soportan a estrutura
edificada do actual inmoble, levantado a principios da década de 1990.
No ano 2002, o Consorcio da Cidade de Toledo decide abordar
a posta en valor destes importantísimos
restos arqueolóxicos dentro dun proxecto global de recuperación da memoria
histórica da cidade. En primeiro lugar conséguese que o inmoble que se atopaba
nunha situación deplorable, sexa cedido ao propio Consorcio por un período de
25 anos, mediante un convenio asinado en setembro de 2002. Posteriormente, xa
en 2003, abórdanse as obras de restauración que se estruturan en varias fases. Primeiro realízase unha profunda investigación
arqueolóxica, exposta como intervención directa no subsolo: en segundo lugar,
abórdase a reconstrución parcial das Termas Romanas para facilitar a súa
comprensión, e, por último, leva a cabo a adecuación do espazo para que sirva
de Oficina de Atención ao Cidadán e en especial ao investigador, unindo a
revalorización do Patrimonio e a utilidade funcional nun só inmoble.
FOTOS: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario