Nun ben afortunado paseo coa bici cheguei, sen querer, ata este preciosísimo lugar de Cando. Sobre o Pazo de Tambre, a escasos quilómetro de Ponte Nafonso, xurdiu este conxunto espectacular: cruceiro, capela, torre igrexa e cemiterio. Desde que o coñecín regresei varias veces para gozar da súa fermosura.
Patrimonio galego describe este conxunto artístico do seguinte xeito:
A igrexa ten planta de cruz, coa particularidade que os
brazos menores quedan situados á metade do corpo. Cada brazo da cruz é dunha
soa nave e todos os espazos son rectangulares. Está feita a base de perpiaño
granítico regular e o teito vai a dúas augas, agás no cruceiro, nas naves
laterais e na cabeceira. Na fachada a entrada é o único elemento que aporta
decoración, leva unha moldura enmarcándoa coas esquinas en forma de orelleiras
cadradas. Enriba dela un frontón con cornixas de pouco voo e un pouco máis
resaltadas nas esquinas, que ademais serven de soporte a pináculos.
Ten unha torre afastada do corpo da igrexa de vinte metros de altura.
Cerca da base desta torre atópanse dúas pías bautismais de orixe incerto dada a súa antigüidade. Segundo Xoán Mariño unha delas pode ser unha pía de época castrexa adaptada ao culto cristián. E de forma cuadrangular e ten como motivos ornamentais tres estrías en cada esquina.
Esta igrexa substituíu a outra que, segundo explica nos
libros de fábrica, non só se quedara pequena para o aumento da poboación, senón
tamén porque estaba case en ruínas. No ano 1726 tiña as madeiras tan
apodrecidas que ninguén se atrevía a retellala. No 1741 xuntáronse os caudais
necesarios para facerlle fronte á obra. Esta foi dirixida polo mestre Francisco
Fontela e importaron 18.883 “reás”, aparte as madeiras, cal, vidros e ferros
que aportaron os fregueses, que ademais traballaron na obra.
Vintecatro anos máis tarde, Manuel Varela pechou o adro
cunha artística balaustrada e unha capela para a Virxe do Carme.¡ construída
entre 167 e 1768. Conta con nave única trapezoidal e a cuberto do interior é de
bóveda de canón que se vai estreitando cara ao altar.
Conta cun reloxo de sol no ángulo sur-oeste e na espadana
non hai campá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario