Sibioara. Séculos VI-V a.C.
Na última visita á Republica Independente de Madrid, achegueime
ata o Museo Arqueolóxico Nacional para gozar da exposición “Tesoros
Arqueológicos de Rumanía. As raíces dacias y romanas”. Pareime especialmente na
Rumanía pre-romana ( Primeira Idade do Ferro e a civilización Geto-Dacia) e
bárbara.
Na web do Museo contan o seguinte da exposición:
Reúne tesouros principescos de ouro e prata, armas, ferramentas, accesorios de vestir,
moedas, cerámica, cristalería, pezas de madeira e óso, esculturas de pedra e
metal, entre outros. Máis de 800 bens culturais procedentes de 40 museos de
Romanía, aos que se suman préstamos de centros españois como o Museo
Arqueolóxico de Sevilla, o Concello de
Guadix (Selecta) e o Museo Nacional do Prado.
Fundeni. Século II-I a. C.
Romanía ocupa unha posición xeográfica única e excepcional,
na encrucillada do mundo mediterráneo, Asia e Europa. Benefíciase dunha
apertura ao Mar Negro e dunha densa rede de ríos como o Danubio. Entre chairas,
outeiros, montañas e delta, é tamén unha rexión particularmente rica, con recursos
moi diversos. Esta situación privilexiada converteuna sempre nun cruzamento de
culturas, un lugar de contactos e intercambios.
O obxectivo da exposición é mostrar a evolución histórica do
territorio de Romanía durante un período de máis de mil anos, desde as culturas
do Hallstatt tardío e os escitas (cara aos séculos VIII-VII a. C.) ata
as invasións dos pobos xermanos (cara aos séculos IV-VII d. C.), con especial
énfase no período da Dacia como
provincia romana (106-271 d. C.), tras as guerras dacias dirixidas polo emperador Trajano (101-106 d. C.).
Colina de Istrita. Século V d.C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario