No exterior a
cabeceira é, quizais, a parte máis destacada pola súa riqueza volumétrica,
acentuada pola maior altura do tramo recto da capela maior e pola variedade
ornamental das cornixas. A diferencia entra a ábsida e o presbiterio da capela
maior é moi acentuada o que permite dar ao seu rosetón un gran diámetro e tamén
unha gran ornamentación; así o óculo reitera os arcos en forma de trevo visto
polo interior. A decoración parte dun óculo lobulado, arredor do que se colocan
novos círculos alternados, tamén con lóbulos e unha especie de pinzas.
Outra dos acenos de
identidade da igrexa de Mezonzo é o precioso
rosetón aberto no hastial
oriental do templo, xusto sobre a ábsida central. Este rosetón, que polo seu tratamento lembra case
máis a unha celosía, presenta un sinxela
pero áxil decoración xeométrica a base de formas lobuladas caladas e concéntricas a través dos cales se dota de
iluminación ao espazo interno das naves.
As ventas das
capelas repiten o esquema de dobre arco liso visto polo interior. As chambranas
están axadrezadas, igual cós cimacios que se prolongan ata as columnas das
capelas laterais, e na central están aneladas por ela.
Ademais do número de
xanelas, a diferenza máis salientable
entre a ábsida central e as laterais radica en que, mentres estas rematan as
súas cornixas mediante canzorros, a
central dispón un rexistro de arquiños
cegos bastante habituais no románico
galego e que non deben confundirse coas fórmulas lombardas.
As cornixas das
absidiolas presentan canzorros, xeralmente en proa; estes, na capela central,
serven de apoio a pequenos arquiños de medio punto. O motivo ornamental máis
interesante está na base da capela maior, na que se gravou un curioso entrelazo
de tipo castrexo, que sinalaría a pervivencia destas composicións na arte
popular.
As bóvedas
proxectadas, e non realizadas, levaron a que os muros laterais das naves
aparezan reforzados por contrafortes que coinciden cos arcos de faixa
interiores, abríndose ocasionalmente entre eles sinxelas seteiras.
Santa María conserva
as tres portadas todas con arquivoltas de medio punto, molduradas, dúas en cada
unha das laterais e tres na principal.
En contraste co
delicado aspecto visual da cabeceira, a fachada occidental si se cingue moito
máis aos preceptos construtivos promovidos por San Bernardo para a Orde do Cister, sendo ademais a súa portada a máis
tardía das tres conservadas.
Disposta entre dous
potentes contraforte e baixo unha sinxela ventá
horadado na fachada, a portada de poñente desprega tres arquivoltas de medio punto sobre esveltas
columnas culminadas con capiteis de estética máis gótica fóra dun deles que
parece ser foi re-aproveitado.
Moito máis
interesante é a portada sur, que probablemente en orixe daba acceso ás
dependencias claustrais hoxe desaparecidas. Presenta dobre arquivolta de medio punto sobre pares de
columnas e capiteis vexetais homólogos aos da cabeceira, decorándose a chambrana externa con sinxelas piñas, e a
rosca interna con curiosísimos arquillos refundidos de lixeira ferradura. Estas arquivoltas descansan, como nas
outras dúas portadas, en columnas acadadas de fustes lisos sobre bases áticas.
Os fustes son todos de granito, menos un da porta norte que está labrado en
mármore do país. O tímpano é liso e de lintel
trilobulado.
Referencias bibliográficas:
Artigo do José Manuel Tomé en Arteguías.
Izquierdo Perrín.
Arte medieval (I). En Galicia Arte X. A Coruña, Hércules, pp. 428-431
Fotografías: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario