Practicamente libre de reformas e aditamentos tardíos, presenta a igrexa unha planta basilical de tres naves (a central máis ancha e alta) de tres tramos cada unha separadas entre si mediante arcos formeiros dobrados e lixeiramente apuntados que descansan sobre piares cruciformes.
Sen cruceiro polo
medio, as tres naves desembocan directamente nunha cabeceira conformada por
tres ábsidas semicirculares precedidos
de tramos rectos e nos que chama a atención o feito de que se atopan a maior
altura que o pavimento da nave, circunstancia que se explica pola
irregularidade do solar sobre o que foi levantada a igrexa.
As tres ábsidas cobren mediante bóvedas de forno, mentres que os tramos rectos fan o propio a través de solucións de canón apuntado.
O corpo de naves, con todo, presenta
unha cuberta de madeira a dúas augas apoiada sobre arcos de faixa simples, aínda que na nave sur
aprécianse restos dun primeiro ensaio ou tentativa de abovedamentos pétreos que nunca chegaron a culminarse.
O arco de acceso á
capela maior é apuntado, dobrado, de sección prismática e apóiase en columnas
encastradas con capiteis coma os das naves. Ao final do tramo recto levántase
un arco faixón semicircular a unha altura inferior, o que permite abrir un
óculo enriba del.
Na coroa a ábsida ábrense tres ventas baixo os arcos
dobrados. Esta capela cóbrese con bóvedas de canón apuntado e coroa, sendo esta
única nas laterais.
Os arcos formeiros
son apuntados, dobrados e de sección rectangular. A mesma directriz seguen os
faixóns aínda que se trata de arcos simples. Os capiteis presentan follas
estilizadas, que con frecuencia rematan en bólas. Ás veces, sen embargo, poden
aparecer cabezas humanas elementais e entre-lazos sinxelos. Nun capitel, entre
a capela maior e a sur vense feros leóns de fronte.
A remota orixe de Santa María de Mezonzo permitiu que antigos capiteis prerrománicos se re-utilizasen no edificio actual, por exemplo o que ser de pía de auga bendita.
Referencias bibliográficas:
José Manuel Tome en Arteguías.
Izquierdo Perrín.
Arte medieval (I). En Galicia Arte X. A Coruña, Hércules, pp. 428-431.
Fotos: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario