A igrexa do Santísimo Cristo, é o monumento máis antigo da
cidade de Santander. Aquí atópanse os restos dos Santos Mártires: San
Emeterio e San Celedonio, patróns
desta cidade.
Está situada en pleno centro da cidade de Santander, na
rúa Somorrostro, formando parte do
Monumento Histórico da «Catedral de Santander» que está formado por dúas
igrexas superpostas.
A Igrexa do Santísimo Cristo é a que se atopa na parte
Inferior do edificio. Está situada no alto dun promontorio, localización
elixida en tempos remotos polos poboadores deste lugar.
A cuberta resólvese a base de bóvedas oxivais. As ábsidas
son máis serodias, góticas de finais do século XIII. O pórtico norte, realizado
no século XVII, presenta bóvedas de cruceiría. A escultura monumental é bastante
basta predominando as decoracións vexetais. Ademais son dignos de mencionar no
Cristo un crucifixo en madeira policromada, de procedencia castelá e unha
Piedade en pedra, réplica dunha famosa talla de Gregorio Fernández.
Este edificio nun primeiro momento, a finais do século VIII,
foi un mosteiro dedicado aos Santos
Mártires e é aquí onde foron dados sepultura os seus restos reutilizando
o forno dunhas antigas termas romanas. Emeterio e Celedonio eran dous irmáns que sufriron a
persecución do emperador romano Diocleciano, en torno ao ano 298, para
posteriormente, ser decapitados e tras a súa morte sepultados neste lugar.
A partir do século
XII converteuse en Abadia cuxo
abade era un fillo do Rei Fernando III «o Santo» chamado Sancho. Nesta abadía,
ademais de gardar desde o século VIII os restos dos Santos Mártires, conservábase un fragmento moi
pequeno do « Lignum Crucis» doado por Alfonso VI polo que cada certo tempo
celebrábase un ano Xubilar.
No ano 1187 cando o rei Castelán Alfonso VIII concede o
foro refundador á poboación santanderina
este edificio convértese en Colexiata. Pasaron varios Séculos ata que, no ano
1754 sendo Rei Fernando VI, o Papa Benedicto XIV converteu esta colexiata en Catedral.
Fontes informativas: Camino liebaniego,Turismo de Cantabria
e o folleto de man do propio edificio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario