Debemos comezar lembrando a súa cronoloxía. A construción do
templo comezou en 449 a.C., pero non foi acabado ata o ano 415 a.C., probablemente
porque o acento fora posto na construción dos monumentos da Acrópole. O friso occidental foi terminado entre 445 e
440 a.C., mentres que o oriental, o frontón oeste e varias modificacións do
interior do templo son datables de 435 a
430 a.C. Ata a época da Paz de Nicias, de 421 a 415 a.C., non foi posta o
teitume e erixidas as estatuas de culto. Foi inaugurado oficialmente en 416/415
a. C.
Friso xónico.
As esculturas decorativas poñen de relevo o grao de mestura
dos dous estilos, dórico e xónico na construción do templo. O pronao e o
opistodomos foron decorados con
frisos xónicos, en lugar dos máis
típicos triglifos dóricos, que xeralmente complementan ás
esculturas nos frontóns e nas metopas
(mestura de ordes seguramente inspirada no Partenón): o friso oeste curto,
entre as antas, por encima da fachada do opistodomos; ao leste, o friso
prosegue por encima das galerías laterais ata as columnatas exteriores.
O friso leste, o
do pronao, mostra combates, interrompido
por dous grupos simétricos de tres deidades sentadas sobre rocas. O grupo
áchase virado cara á dereita, moi numeroso, diante. Hai dúas interpretacións
posibles. Poderíase tratar dunha xigantomaquia
(os xigantes son os únicos en principio en combater cos « roqueños»), pero é
unha xigantomaquia estraña, posto que os
deuses son espectadores. A outra interpretación é o friso cortado por episodios sucesivos de Teseo loitando coas Palántidas en presenza dos deuses.
O friso oeste representa a batalla dos centauros e dos lápitas. Non están presentes as mulleres lápitas nin os mobles que representan
normalmente o banquete de voda de Pirítoo.
A reconstrución dos temas é dificultosa dada a natureza fragmentaria dos restos supérstites: unha antiga interpretación é a
do nacemento de Erictonio no frontón este, e Heracles ante Tetis no oeste.
Teorías ulteriores suxiren que o frontón oeste foi consagrado de novo á batalla
entre os centauros e os lápitas, mentres que o frontón este
representa a «deificación» de Héracles e
a entrada do heroe no Monte Olimpo.
Metopas e triglifos.
Só 18 das 68 metopas foron esculpidas, o resto estaban probablemente pintadas. As dez ao lado leste
representan os doce traballos de
Heracles; as catro metopas
orientais dos lados norte e sur describen as fazañas de Teseo.
Segundo Pausanias, o templo albergaba as estatuas en bronce
de Atenea e de Hefesto. Unha inscrición contable menciona pagos, entre 421 e
415 a.C., por dúas estatuas de bronce, pero non precisa o nome do escultor. A
tradición atribúeas a Alcámenes, pero non existen probas tanxibles.
Texto: Wikipedia.
Fotos: Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario