9/11/20

A Biblioteca de Adriano en Atenas



A Biblioteca de Adriano ou Biblioteca das Cen Columnas foi un edificio situado ao norte do Ágora romana de Atenas. Construíuse no ano 132, por orde do emperador romano  Adriano, para albergar a súa extensa colección de libros, ademais de funcionar como sá de lectura e centro de convencións.

A Biblioteca foi construída en 32 polo emperador Adriano. En 267 foi destruída polos hérulos, sendo incorporada posteriormente á muralla tardorromana de Atenas e reparada en 412. No século V construíuse, no centro do patio peristilo, unha igrexa  paleocristiá con planta de trevo de catro follas. No século VII levantouse unha basílica de tres naves sobre a igrexa anterior. Á súa vez, esta foi substituída no século XI pola igrexa bizantina dunha soa nave  Megalia Panagía. Durante a ocupación otomá, converteuse en sede do Gobernador. En 1835, os cuarteis do rei Otón construíronse no seu lugar.

Tras ser substituída pola igrexa de Megalia Panagía, a biblioteca perdeuse no esquecemento ata que, en 1885, despois dun incendio que danou parte do templo cristián, iniciouse unha escavación na que se atoparon algúns bloques de pedra calcaria e varias columnas corintias de máis de oito metros de altura, ademais dos restos dos cimentos da igrexa do século V.


No século  XX retomáronse as escavacións e, entre 1960 e 1970, restaurouse a fachada oeste.


A biblioteca ocupaba un extenso rectángulo de 122 metros de longo por 82 de ancho, situado ao norte do Ágora romana de Atenas.

O edificio contaba cun  propileo corintio de entrada no lado oeste e tres exedras en cada un dos outros tres lados. O patio central era un  peristilo aberto cun estanque. No lado este estaba a biblioteca, con sala de lectura e salas de conferencias.

Segundo a descrición do historiador Pausanias, os teitos estaban fabricados con alabastro realzado con ouro.
Recreación


Texto: Wikipedia.

Fotos: Inicarte.

No hay comentarios: