4/11/19

Igrexa de Santiago de Penalba: pinturas



Os traballos sobre os revestimentos de bóvedas e paramentos, realizados pola restauradora María Suárez-Inclán e promovidos pola Fundación do Patrimonio Histórico de Castela e león entre os anos 1999-2004, descubriron as pinturas e un conxunto de grafitos medievais na parte baixa dos  paramentos, convertendo á Igrexa de Santiago de Penalba nun íntegro exemplo de arquitectura  mozárabe en España.

As pinturas que apareceron corresponden a tres etapas distintas:

-As máis antiga (século X) foi executada ao fresco: sobre o morteiro de cal aínda húmido marcouse –utilizando punzón, regra e compás- a traza sobre a que despois se aplican os  pigmentos. Por iso, aínda que se perdeu a pintura, permanece a  incisión que permite a súa reconstrución. Na decoración, de gran calidade técnica, vemos temas e modelos que tamén están presentes na mesquita de Córdoba.

Estas pinturas aprécianse facilmente na ábsida, na bóveda de canón e na cúpula  gallonada da nave central, na que os gallóns finxen estar construídos en ladrillo. Estas decoracións orixinais da época de construción da igrexa, ocupan practicamente todas as bóvedas nas naves e en ábsida e contra-ábsida.

-A segunda etapa (séculos  XI- XIII) corresponden a unha “fase  figurativa”, e localízanse na capela de San Xenadio (a contra-ábside), superposta ás pinturas  mozárabes orixinais que imitan aparellos de ladrillo.

-A terceira e última etapa (séculos  XIV- XVII), executada “ao seco”, máis visible sobre os arcos, parece un exercicio de “imitación” de elementos inspirados no primeiro programa decorativo, algúns deles xa desaparecidos e en todo caso moi frecuentes na decoración pictórica popular, que tomaba modelos inspirados en épocas anteriores.

Texto procedente de Iglesia mozárabe de Santiago de Peñalba. S.A, S.d.
Fotos: Iniciarte.

No hay comentarios: