Pablo Gargallo. O
profeta (ou O gran profeta)
1933 (xeso), 1936 ( fundición en bronce)
235 x 65
x 50 cm.
Utilización dos baleiros. Equilibrio entre a verticalidade dominante e as liñas curvas que
forman os laterais. Estudo de incidencia da luz. Concepción da figura desde o
espazo interior. Ben puidesen ser estas as principais características desta
obra do artista aragonés.
Nunha recente visita ao Centro Pompidou de Málaga puiden gozar da
contemplación desta emblemática escultura cubista.
A partir da súa inicial concepción en xeso (1933)
realizaríanse sete exemplares en bronce (aquí podedes localizalas)
Os volumes ausentes (o baleiro) están claramente reflectidos
por elementos curvos (obsérvese a fazula
esquerda). É no rostro onde reflíctese toda a forza dramática deste personaxe
inclinado lixeiramente cara adiante e cuberta cunha lixeira pel esquemática de cordeiro. A obra estrutúrase
ao redor dun eixo central que está formado pola cabeza, a columna e a perna
esquerda. A partir do mencionado eixo
xorden os diferentes elementos do corpo mediante un xogo de curvas e contracurvas.
O baleiro, “a transparencia da masa”, como a chamaba Gargallo, é moito máis expresivo que os
volumes tradicionais. O báculo que
sostén coa man esquerda é o símbolo do profeta, do guía. É un home en pleno
arrebato de paixón, como se desprende da súa expresión vehemente, pero cos seus macizos pés sólidamente aferrados ao chan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario