Rúa State, Chicago, Illinois, Estados Unidos de América.
Arquitecto: Bertrand Goldberg, 1964.
Unha das obras que máis me chamaron a atención cando visitei Chicago foi este conxunto de torres.
Marina City é un
complexo de edificios de uso mixto (residencial e aparcadoiro) que ocupa toda
unha mazá da Rúa State en Chicago, Illinois, Estados Unidos. Está situado na
beira norte do Río Chicago no centro de Chicago, xusto enfronte do Loop. O complexo componse de dúas torres de
65 plantas e 179 metros de altura con
forma de mazorca de millo. Tamén contén
un auditorio con forma de cadeira de montar e un hotel de media altura, todos
sobre unha plataforma elevada á beira do Río Chicago. Debaixo da plataforma, ao
nivel do río, hai un pequeno porto deportivo para embarcacións de recreo, que dá
nome ao complexo. Marina City foi o
primeiro edificio de Estados Unidos construído con guindastres torre.
Marina City foi
construída por unha empresa conxunta de
Brighton Construction Company, propiedade de Thomas J.
Bowler, e James McHugh Construction
Company. James McHugh Construction
Co. construiría posteriormente
Water Tower Place en 1976 e Trump
International Hotel and Tower en 2009.
Marina City foi
deseñada en 1959 polo arquitecto
Bertrand Goldberg e completouse
en 1964 cun custo de 36 millóns de dólares, financiados en gran medida pola
unión de conserxes e ascensoristas.
Cando se completaron, as dúas torres eran os edificios residenciais máis altos
do mundo e as estruturas de formigón armado máis altas do mundo. O complexo
construíuse como unha “cidade dentro dunha cidade”, con numerosas instalacións
como un teatro, ximnasio, piscina, pista de patinaxe sobre xeo, boleira, tendas
e restaurantes, e, por suposto, un porto deportivo.
Marina City foi o
primeiro complexo de rañaceos residenciais da posguerra dos Estados Unidos e é
recoñecido amplamente por comezar o renacemento residencial dos centros das
cidades norteamericanas. O seu esquema de uso mixto residencial e oficinas e
rañaceos con aparcadoiros nas primeiras plantas converteuse nun modelo de
desenvolvemento urbano.
Arquitectura
As dúas torres teñen plantas idénticas. As dezanove plantas
máis baixas forman un aparcadoiro espiral ao aire, que ten 896 prazas en cada
edificio. O andar vinte de cada torre contén unha lavandería con vistas do Loop (zona centro de Chicago), mentres que as plantas 21 á 60 conteñen
apartamentos (450 en cada torre). Na última planta, a 61, hai unha azotea ao
aire libre. Accédese aos edificios por vestíbulos separados que comparten unha
entreplanta baixa o terreo así como entradas pola praza, xunto á "
House of
Blues". Orixinalmente eran apartamentos de aluguer, pero en 1977 o
complexo converteuse nunha comunidade de propietarios.
Os apartamentos de Marina City son únicos porque non conteñen case ningún ángulo recto no
interior. En cada planta residencial, un corredor circular rodea o núcleo de
ascensores, que ten 10 metros de diámetro, con 16 cuñas dispostas ao redor do
corredor. Os apartamentos compóñense destas cuñas triangulares. Os baños e as
cociñas sitúanse máis preto do vértice de cada cuña, cara ao interior do
edificio. As zonas de estar ocupan as zonas máis exteriores de cada cuña. Cada
cuña termina cun balcón semicircular de
16,3 m2, separado das zonas de estar
cunha ventá do chan ao teito. Debido a esta disposición, cada salón e
dormitorio en Marina City ten un balcón.
As torres foron premiadas pola Sección de Nova York do American
Institute of Architects en 1965 pola súa innovación.
Estas torres foron reiteradamente utilizadas pola cultura
popular actual. Así a famosa banda de Chicago (gran concerto no 2016 no Palacio
da Ópera da Coruña) Wilco as puxo na
portada do seu disco de 2002 Yankee
Hotel Foxtrot, polo que en ocasións fixo que se chame a Mariña City como " Wilco Towers". Ademais aparecen nas portadas
de numerosas gravacións de bandas musicais, vídeos clips, anuncios, películas ou videoxogos.
Déixovos unha selección de videos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario