Do mosterio de Santa María de Ferreira tan só sobreviviu da
súa primitiva obra románica a igrexa monacal, sendo o resto de dependencias adosadas,
incluído o potente muro que delimita os terreos do cenobio, froito de
diferentes reformas e ampliacións acometidas principalmente entre os séculos
XVI e XVIII.
O primeiro que chama a atención ao visualizar a ábsida da
igrexa, de perfecta sillería e de gran riqueza decorativa, é como foi posible
que un monasterio da Orde do Cister presentase semellante profusión ornamental,
algo totalmente contrario aos dictados de Bernardo de Claraval. A explicación a
esta circunstancia reside en que a igrexa, empezada como era común pola cabeceira,
foi erixida anos antes de que a comunidade adoptase os preceptos cistercienses.
Así pois, a igrexa do Divino Salvador, tal e como hoxe a vemos, presenta unha
soa nave de planta rectangular que, tras tramo recto, desemboca nunha única
ábsida semicircular. Desaparecida a súa portada orixinal, é precisamente a
ábsida onde se concentra o maior interese do templo no seu exterior, destacando
ademais de pola súa profusión ornamental, pola solidez da súa fábrica e a
harmonía das súas formas.
Tralo consabido tramo recto presbiterial, o hemiciclo queda
articulado en tres panos separados por columnas encostadas de elevados plintos
e cuxos capiteis, decorados con motivos vextais e zoomorfos, prolónganse ata a
mesma altura das cornisas.
No centro de cada un dos tres panos absidiales ábrese unha
gran ventá perfilada por chambranas axedrezadas que descansan sobre columnas
culminadas con capiteis nos que, de novo, predominan os motivos vexetales e
animais.
Outro dos elementos que confiren ao mosterio de Ferreira de
Pantón personalidade propia é o xeito de resolverse cada un dos citados vans,
nos cales, o clásico remate en arco de medio punto non se reduce só á súa parte
alta, senón tamén á parte baixa do mesmo.
Remata a cornixa absidial baixo o beirado voado un
interesantísimo conxunto de canzorros figurados, no que, ademais de clásicas
formas xeométricas, aprécianse modillóns, figuras grotescas, un músico tañendo
un instrumento, unha contorsionista e ata animais que, recordando a unha das
mochetas do veciño Eiré, aparecen de costas ao espectador virando forzadamente
a súa cabeza ata este.
Texto de José Manuel Tomé publicado en Arteguías.
Fotos: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario