7/11/16

Partenón: detalles construtivos


Imos aproveitar algunhas das fotos que tirei na Acrópole en febreiro de 2015 comentando algún detalles da construción do Partenón.

Como ben lembramos os seus autores foron Fidias, quen centrouse na decoración escultórica do conxunto, e os arquitectos Ictino e Calícrates, encargados da construción.

Sabemos polas inscricións que os traballadores eran cidadáns de Atenas, metecos (estranxeiros con carta de residencia) e escravos; e que todos cobraban o mesmo polo mesmo traballo. Os labores especializados se retribuían a razón dun dracma por día. Por sorprendente que nos pareza, os arquitectos cobraban un dracma tamén, malia a súa responsabilidade.

O templo realizaríase de maneira total co mármore procedente do monte Pentélico, que se levantaba a uns 16 quilómetros ao nordeste de Atenas. Lembrar que hoxe esta canteira tan só é utilizada para as constantes obras de restauración (recreación?) da Acrópole. Era un brillante mármore branco que co paso do tempo adquiría unha fina pátina dourada polas inclusións de ferro e cuxa dureza facíao especialmente indicado para a construción. Sobre a vertente suroeste da montaña aínda se pode recoñecer a zona da canteira onde se extraeu o mármore para os edificios da Acrópole; só para o Partenón utilizáronse 22.000 toneladas.

Os canteiros separaban bloques da mesma altura por medio de canles talladas con cicel. Logo facíanse buracos alargados paralelos a veta do mármore e introducíanse neles cuñas de madeira. Cando estas mollábanse, inchábanse e desprendían o bloque de mármore do resto da roca.  (Hai moitos vídeos en internet onde se pode contemplar este sistema moi utilizado en todo o mundo) O bloque traballábase na mesma canteira ata case darlle a forma definitiva; só se deixaba por puír unha capa de poucos centímetros. A peza resultante debía ser o máis lixeira posible para facilitar o transporte.

Unha vez rematadas, as pezas descendían ladeira abaixo a bordo de trineos que discorrían por unha especie de pista visible aínda hoxe. A ambos os dous lados da pista había uns buracos cadrados onde encaixaban unhas estacas de madeira por onde se pasaban unhas cordas atadas ao trineo para controlar a velocidade de descenso. Ao pé da montaña cargábanse os bloques nuns carros tirados por bois e levábanse á cidade nunha viaxe que podía durar ata dous días. Na obra, os bloques alzábanse por medio de poleas e guindastres; as pezas do Partenón non eran de grandes dimensións, precisamente para facilitar a súa manexo.

Finalmente construír o teito, formado por unha armazón de madeira que sostiña as tellas. Estas adoitábanse facer de barro cocido, pero no Partenón decidiuse usar tamén mármore. As tellas eran planas e nas súas unións, para conseguir que o tellado fose impermeable, colocábase outra, “a tella da cuberta», que no beirado do edificio rematábase cun elemento decorativo chamado antefixa, con forma de cabeza ou palmeta, para rachar a monotonía da liña recta do tellado.


Cando o templo estaba practicamente terminado elimináronse as protuberancias dos perpiaños e dos tambores -as que se empregaran para elevalos mediante cordas-, e realizouse o estriado das columnas. Esta era unha tarefa sumamente delicada, pero aportaba unha gran beleza ao monumento. Só o primeiro tambor da columna, que se apoiaba sobre o estilóbato, se estriaba antes da súa colocación para evitar que no proceso se danara o pavimento do templo. Finalmente, as superficies das columnas alisábanse e puíanse con tal coidado que apenas se poden ver as xunturas ou unións das pezas.

O templo, coa estatua no seu interior, inaugurouse no festival das Panateneas do ano 438 a.C., cando aínda faltaban as esculturas dos frontóns.

Fotos de Iniciarte (febreiro de 2015)

No hay comentarios: