Hai ganas de ver acabada a Sagrada Familia.
Durante anos parecía que os traballos non avanzaban e que nunca poderiamos
contemplar o edificio que ideou Antoni Gaudí terminado. Pero a cousa cambiou, o
ritmo das obras é frenético e xa unha hai data no horizonte, a do ano 2026,
centenario da morte de Gaudí, na que se dá por feito que xa non haberá
guindastres nin operarios da construción pululando polo edificio. A data de
hoxe xa está en pé o 65% do edificio, segundo os seus responsables.
En internet son moitos os traballos que se poden ver no que a Sagrada Familia móstrase en toda a súa magnitude. O último, é o creado polos responsables do edificio relixioso e subido á rede o 25 de setembro que recibiu en poucos días máis de dous millóns de visitas e segue crecendo.
En apenas un minuto e medio pódense ver como o edificio segue gañado altura coa construción do cimborrio e as torres centrais, como a de Jesús de 172 metros de altura, rodeada das catro dos Evangelistas, e a da Virxe. Tamén se ve completa a fachada da Gloria, a principal, máis grande e monumental.
Este mesmo vídeo oficial ten unha versión anterior, de outubro de 2012, menos realista pero máis didáctico, no que coa mesma música de fondo especifícase o nome das novas partes do edificio ao ritmo no que van crecendo.
Texto de El País.
No hay comentarios:
Publicar un comentario