31/5/12

Richard Rogers: A Torre Lloyd´s de Londres


DEDICATORIA: A Don Francisco Martínez, Presidente honorario e vitalicio do C.A. Panadería d´Osedo. Autor de gran parte da fotos amosadas. Grazas.

Da denominada Arquitectura High Tech xa vos teño presentado o centro Pompidou en París así como un centro comercial en Viana do Castelo. Hoxe toca profundar algo máis na obra dun dos autores  da obra parisina comentada: Richard Rogers e o Edificio Lloyd´s deLondres.

Esta obra,  coñecida por algúns como “a catedral mecánica”, está situada no centro financeiro de capital británica. Debido ás necesidades espaciais da gran compañía de seguros Lloyd´s, decidiuse facer un concurso para deseñar  a ampliación das súas instalacións centrais. Un dos requisitos establecidos foi que a s posibles futuras ampliacións non impediran o normal desenvolvemento das actividades financeiras da compañía. 

O equipo vencedor, entre corenta,  foi o de Rogers xa que valorouse, máis ca atrevida e novidosa proposta de deseño, o desenvolvemento dunha estratexia de axeitamento do espazo arquitectónico ás necesidades futuras da  compañía. Posteriormente este mesmo estudo de arquitectura faría un segundo edificio en Wood Street (case inmediato ao principal) e un terceiro adicado a asuntos marítimos.

Respetando a fachada antiga, de 1928, Ricard Rogers e tendo que adaptarse a unha parcela moi irregular, o arquitecto deseñou un edifico seguindo uns conceptos fundamentais:

-A flexibilidade: para acadar un espazo continuo que facilitara o continuo traballo no interior da obra, deixando nos lados externos todo o relacionado con mantemento, reparación e ampliación.

-Espazos de “servizos e servizos”: todos os lugares e elementos de servizo (ascensores, escaleiras, baños, maquinaria...) son agrupados en torres de servizos situados no exterior do bloque principal.

A Torre Lloyd's, co seu corpo principal rectangular, nace nunha parcela trapezoidal: o espazo restante entre as marxes da parcela e a planta central do edificio están ocupados por outras seis torres (tres principais e tres de servizos), agrupadas ao redor dun espazo central rectangular, que conforma o punto focal do deseño. Neste inmenso espazo central ou atrium, de toda a altura do edificio, ten 60 metros de altura estado cuberto cunha gran bóveda de vidro (con referencias estéticas clasicistas) suspendida dunha estrutura metálica e os 14 pisos nos que se sitúan as oficinas administrativas e as dos corredores de seguros. Os primeiros catro pisos quedan abertos con balcóns e os restantes están pechados con vidro con vista á sala central. 

Uns dous elementos máis chamativos do edificio son os seus ascensores, as máquinas que facilitan as conexións verticais. En total son unha ducia de elevadores completamente acristalados sendo vos primeiros deste tipo instalados non Reino Unido.

A estrutura principal é de formigón armado fresco moldeado in situ, alicerces principais de formigón armado, outras estruturas de aceiro. Foi deseñada coa posibilidade de realizar expansións verticais. A estrutura das torres está formada por alicerces, vigas e laxas, todos eles elementos prefabricados. Colocouse un sistema de escalas mecánicas que conectan os primeiros catro pisos partindo desde a sala central. Ao resto dos pisos accédese por 12 ascensores situados nas caras exteriores do edificio. 

O núcleo central e as torres perimetrais, son de formigón armado. O corpo central do edificio conta cuns alicerces modulados nunha malla de 10.80x18 m, e está englobado nun sistema de revestimento en fase independente, representado por tres capas de cristal especial cun capa intermedia ventilada. A pel externa triplo-esmaltada do revestimento actúa como tubo de aire desde o teito ata o piso.









No hay comentarios: