7/5/12

Marcel Duchamp: Dadaísmo e ready made


Marcel Duchamp e Francis Picabia, a quen se lles une o pintor e fotógrafo Man Ray, fundan a revista “291”, que anticipa moitos temas do dadaísta, ao que se unirán en 1918. Dada nace en Zúric en 1916 cando o poeta romanés Tristan Tzara, os escritores alemáns H. Ball e R. Huelsenbeck e o pintor e escultor H. Arp fundan o CabaretVoltaire, cículo litarario e artístico sen ningún programa pero decidido a ironizar e dismitificar todos os valores cosntituídos da cultura pasada, presente e futura. Ata o seu nome, Dada, é casual, achado ao abrir un dicionario ao azar. As manifestacións do grupo dadaísta son conscientemente desconcertantes e escandalizadoras. A súa praxe é semellante á do Futurismo, só que no caso do dadaísmo trátase dunha vangarda negativa porque non pretendende senón demostrar a imposibilidade de calquera tipo de relación entre a arte e a sociedade.

Posto que existe un concepto de arte e obxectos e técnicas artísticas, hai que contestar todo isto; a auténtica arte será o anti-arte. Un movemento artístico que negue a arte é un contrasenso e dada é este contrasenso. Ao negar todo o sistema de valores, se neiga a si mesmo como valor e tamén como función, xa que a función é unha acción con unfin e un valor. Limítase así á pura acción, inmotivada e gratuíta pero desmitificante fronte aos valores constituídos. Dada non quere producir obras de arte senón “producirse” en intervencións en cadea deliberadamente imprevisibles, insensatas e absurdas.

 
A reacción psicolóxica e moral ante a guerra leva ao seu extremo a polémica contra a sociedade da época. A guerra era un feito contraposto ao racionalismo sobre o que se pretendía que estuivera fundado o progreso social; os intelectuais que querían separar a súa responsabilidade da das clases dirixentes que a quixeron, tiñan que tomar unha posición e as únicas posicións posibles eran dúas. Primeira, considerar a guerra como un paso en falso, como unha desviación fatal da linea “racional” da historia e entón había que volver levar á sociedade ao camiño da razón mediante unha acción máis ou menos enérxica. A arte debía contribuír neste retorno á razón transformándose xa que, exposto polo pensamento romántico como irracional, era aínda un aexxcepción no sistema racional da sociedade moderna. Esta era a tese das vangardas históricas, das correntes constructivistas, e máis tarde, da rquitectura racional e o deseño industrial. Segunda, considerar falsa a dirección da civilización e considerar á guerra como a consecuencia lóxica do progreso científico e tecnolóxico; entón había que negar toda a historia pasada e todo proxecto de historia futura, había que volver ao momento cero. Esta era a tese dadaísta…


 Ao separar o impulso e o acto estético iniciais de toda a historia da arte, o dadaísmo, recusa calquera experiencia formal ou estética precedente. De todos os xeitos, volver ao momento cero non quere dicir volver ao unto de partida remontando todo o percorrido histórico. Coas súas intervencións inesperadas e gratuítas, o Dadaísmo proponse accións de perturbación cuxa finalidade é pór en crise o sistema, utilizando contra a sociedade as súas mesmo procedimeintos ou usando en contrasenso as cousas ás que ela atribuía un valor. Ao renunciar ás técnicas especificamente artísticas, os dadaístas non dubidan en servirse dos materiais e as técnicas de produción industrial evitando, de todos os xeitos, o servirse deles segundo modos habituais e, por así dicilo, prescitos. Esta intervención desmitificante ataca aos valores indiscutibles, canónicos, aceptados de xeración en xeración; cando Duchamp ponlle bigotes á Gioconda de Leonardo non quere esnaquizar unha obra mestra senón contestar a veneración que a opinión común tribútalle pasivamente.

A negación das técnicas como operacións programadas cunha finalidade ten o seu punto culminante no ready made de Duchamp: un obxecto calquera (un escurridor, un urinario, unha roda de bicicleta) presentado coma se fose unha obra de arte. Se coa Gioconda bigotuda se desvaloriza algo ao que normalmente atribuíaselle un valor, co ready-made dábase valor a unha cousa que habitualmente non o tiña. Tanto nun caso como no outro, non hai procedemento operativo senón un cambio de xuízo intencionadamente arbitrario… Ducamp expuxo un urinario asinándoo cun nome calquera, Mutt. De todos os xeitos, ao pór unha firma, quixo dicir que aquel obxecto non tiña un valor artístico en si senón que o asumía co xuízo formulado por un suxeito. Pero como o formula se xa non dispón de modelos de valor? De feito, limítase a separar o obxecto do contexto que lle é habitual e no que realiza unha función práctica. Arrincándoo dun contexto no que ao ser todo utilitario nada pode ser estético, sitúao nunha dimensión na que ao non haber nada utilitario todo pode ser estético. O que determina o valor estético xa non é un procedemento técnico, senón un acto mental, unha actitude distinta fronte á realidade.

Bibliografía:
Giulio Carlo Argan. El arte moderno. 1770-1970. Valencia, Fernando Torres, 1977. Páx. 430-437.

No hay comentarios: