3/5/12

O Berro vendido 91 millóns de euros


A única das catro versións do berro que pintou Edvard Munch (1.863-1.944) que aínda estaba en mans privadas, lote número 20 da tarde de poxas de arte impresionista e moderno en Sotheby's Nova York, foi vendido por unha cifra marca: 119,9 millóns de dólares (91,2 millóns de euros), co que se converte no cadro máis caro vendido nunha poxa.

A obra saíu á venda por 40 millóns de dólares e foi subindo ao longo de 12 minutos ata os 107 millóns de dólares, cifra á que habería que sumar os case 13 millóns de comisión.

O berro supera desta forma a marca fixada en 2.010 polo lenzo de Picasso Espido, follas verdes e busto, vendido por 81 millóns de euros. A marca de venda entre privados teno o cadro de Cézanne Os xogadores de cartas (1892-93), adquirido pola familia real de Qatar en 2011 e que se cre que custou 191 millóns de euros.

A obra de Munch, que data de 1895, pertencía ao empresario Petter Olsen, cuxo pai, Thomas, foi amigo, veciño e patrón de Munch. Esta venda coincide nun momento de gran interese en torno ao artista, xa que en 2.013 celébrase o 150 aniversario do seu nacemento.

Texto e foto vía Hoy es arte.

No hay comentarios: