Dous arquitectos moi importantes na Escola de
Chicago. No estudo de Le Baron Jenney coñeceranse Daniel Burham e John Root,
dous personaxes que sintetizan as dúas compoñentes da realidade profesional
americana. Burham era práctico, emprendedor, con gran capacidade para as
relacións públicas, era o promotor, realista e cínico, mentres que Root era
máis artístico, cun talento máis cultivado. Xuntos constrúen edificios como o
Rokery Building, o Reliance Building ou o Monadnock Building entre outros. Root efine os seus edificios como “monumentos
nobres e duradeiros da idade do comercio”.
Este edificio foi, no seu momento, o máis alto do
mundo, coa súa ducia de andares. Foi deseñada nun estilo neorrománico
richardsoniano. Ten a fachada de ladrillo vermello escuro con decoración en
terracota e unha base de granito rústico. Na actualidade é un edificio de
oficinas e foi levantado sobre un cimento de raís entrecruzados (porque o
terreo de arxila era incapaz de soportar o peso da xigantesca estrutura.
Mentres que os espesos muros de albanelería son de carga, o armado de ferro dos
andares inferiores, permite a apertura de grandes xanelas.
A entrada vai enmarcada por un arco con relevos xeométricos
no que se distinguen graxos (rook) que dan nome ao edificio. No interior hai un
recibidor aberto de dúas alturas que foi restaurado en 1907 por Frank Lloyd
Wright, cubrindo os piares e escaleiras orixinais de ferro con mármore branco
con incrustacións de pan de ouro. A escaleira central leva a unha entreplanta
cunha claraboia abovedada. Este edificio é profundamente contraditorio: co seu
aspecto de fortaleza de defensa da cidade, mentres que o interior, no hall
cuberto, o espazo estala nunha utilización aérea de refinadas estruturas de
ferro. Introdúcese así a nova relación entre o edificio e a morfoloxía urbana.
O recibidor convértese en praza pública.
O edificio foi declarado patrimonio histórico
nacional en 1988.
EDIFICIO RELIANCE. Burnham, Chicago, 1890
Lembrando que para esta época Root xa
morrería, diremos que a construción en
dúas etapas desta obra (1890-1895) foi tan inusual como as súas técnicas de
cimentación. Os contratos de aluguer das plantas superiores do edificio que
ocupaba orixinalmente o emprazamento non venceron ata 1894, así que cando
comezaron as obras en 1890 tiveron que soportarse ditas plantas con gatos para
proceder á demolición dos pisos inferiores. Os baixos do novo edificio Reliance
completáronse antes de 1894, e no momento en que venceron os contratos de
aluguer demoléronse os pisos superiores e montouse unha estrutura de aceiro
para trece plantas máis en tan só quince días.
O
novo edificio, inaugurado en marzo de 1895, foi toda unha revolución polo seu
esqueleto de aceiro e polo seu atípico deseño de alicerces de lonxitude dobre,
que permitía incorporar as grandes ventás que o dotan dun aspecto tan moderno. Basamento
con acceso e comercios, cunha imaxe máis liviá e desmaterializada, predominando
o vidro. A fachada ten movemento con voladizos.
Non
ten a cohesión volumétrica do Monadnock e adopta un módulo constante en altura.
A mediados da década de 1990 estaba moi deteriorado e o concello comprouno para restaurar o exterior, substituíndo unhas 2000 pezas de terracota. En 1998 unha compañía hostaleira adquiriu o edificio e investiu uns 27,5 millóns de dólares na súa restauración antes de abrir o Hotel Bunrham en 1999.
O deseño de orixinal en granito e bronce para a primeira planta conservouse e o vestíbulo de 6 metros de alto reconstruír con mármore italiano, reixas ornamentais de metal no ascensor e elaboradas baldosas de mosaico nos chans.
A mediados da década de 1990 estaba moi deteriorado e o concello comprouno para restaurar o exterior, substituíndo unhas 2000 pezas de terracota. En 1998 unha compañía hostaleira adquiriu o edificio e investiu uns 27,5 millóns de dólares na súa restauración antes de abrir o Hotel Bunrham en 1999.
O deseño de orixinal en granito e bronce para a primeira planta conservouse e o vestíbulo de 6 metros de alto reconstruír con mármore italiano, reixas ornamentais de metal no ascensor e elaboradas baldosas de mosaico nos chans.
Foi
construído en dúas fases, con dous anos de diferencia e por dous estudos de
arquitectura diferentes. É un edificio que miran tanto ao pasado como ao
futuro. A metade norte é dos nosos arquitectos Burnham & Root de 1891. Con
16 andares e muros de carga de ladrillo (método de construción da época), é a
estrutura de albanelería máis elevada xamais construída. A sección sur foi
deseñada por Holabird e Roche e incorpora un esquelete de aceiro revestido de
terracota, unha innovación desta década, o que permitiu aos edificios racha cos
límites en altura. É a obra que marca un cambio decisivo na obra de Root e
Burnham. O edificio de ferro, ten mampostería e grazas á adopción dun sistema
tradicional, conséguese unha organización estrutural esencial: O cerramento de
fortaleza confire unidade e pasa tomar un carácter unitario.
O
edificio debe o seu nome a unha das White Mountais de New Hampshire: Monadnock
é tamén un termo xeolóxico que designa a unha montaña rodeada por unha chaira
glacial. O seu interior foi restaurado na década de 1980, sendo o chan de
mosaico unha réplica, mentres que o teito de mármore branco e a ornamentación
da escalinata son orixinais. Na entrada norte do edificio e na zona sur de
ascensores pode verse baixo un vidro parte do solo orixinal. Unha galería con
tendas e restaurantes percorre a lonxitude do edificio, simulando unha rúa
interior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario