O abade Bernardo de Claraval concibía as igrexas, nas que se
debía honrar a Deus, afastadas de calquera exceso ornamental. Propuxo por iso
un tipo de edifico caracterizado por unha austeridade construtiva absoluta;
chegou, incluso, a prescindir dos capiteis esculpidos que abundaban nos
edificios románicos. Segundo a súa opinión, estes capiteis podían distraer os
monxes no seu retiro.
“Nas igrexas cólganse máis ben rodas que coroas, cargadas de
perlas, rodeadas de lámpadas. A xeito de candelabros, vense verdadeiras árbores
de bronce labradas con admirable arte e que non sorprenden menos que as
pedrarías dos cirios que sosteñen. Oh, vaidade de vaidades, pero máis loucura
aínda que vaidade! A igrexa resplandece por todas partes, pero os pobres viven
na indulxencia; esas pedras están cubertas de douraduras mentres os seus fillos
están faltos de vestidos; os aleccionados encontra na igrexa o medio de
satisfacer a súa curiosidade, pero os pobres non encontran nela nada con que
sustentar a súa miseria”.
Crítica de san Bernardo á ostentación do gótico. Incluído en
G. DUBY. San Bernardo y el arte cisterciense.
Tal austeridade foi defendida tamén polos seus seguidores,
que plasmaron estas ideas en escritos como o seguinte:
“Por que esas grúas e esas lebres, eses gamos e eses cervos
e esas pegas (…), nos claustros dos monxes? (…) todo iso non está conforme coa
pobreza monástica, e non serve máis que para satisfacer os ollos dos curiosos
(…) Se algún, preferindo a pobreza de Xesucristo a todos os praceres dos ollos,
quere manterse nos límites do necesario, e se, no canto destes edificios de
dimensións vanas e superfluas, escolle pequenas construcións dos relixiosos
pobres; se, cando entra nun oratorio feito de pedras ásperas, non encontra alí
nin esculturas, nin pintura (…), nin secuencias da Sagrada Escritura; se o
resplandor das luces, co esplendor dos metais que están feitos os obxectos de
culto, non o marabilla, e se, moi ao contrario, todo o que ve lle parece pobre
e se entristece de estar, por así dicilo, afastado do Paraíso e somerxido na
monotonía dunha escura prisión, de onde lle vén esa tristura, esa aflición?
Pregúntovos. Se aprendeu de Xesús Noso Señor, a ser humilde e doce de corazón
(…) continuará, pregúntovos, atándose a esas belezas miserables e exteriores de
todo?".
Alfred de Reivalux. Miroir de la Charité.
Xurdiu, deste xeito, un estilo construtivo caracterizado
pola austeridade decorativa e ornamental, que se impuxo nos mosteiros que
seguían as normas de san Bernardo: os mosteiros cisterciense.
Imaxes: Mosteiro de Armenteira (Meis, Pontevedra)
Rematamos con este vídeo de Asun, visto no magnífico blog Polos Vieiros da arte. Non esquezades ler as outras entradas coa etiqueta "Arquitectura cisterciense".
Imaxes: Mosteiro de Armenteira (Meis, Pontevedra)
1 comentario:
Canto tempo sen pasar por eiquí... O qué me estaba perdendo! Grazas, grazas, grazas.
Cristina
Publicar un comentario