26/1/11

O Pórtico Real de Chartres


A cidade de Chartres nos séculos XII e XIII era unha cidade rica capaz de edificar unha nova catedral, tras os incendios de 1134 e de 1194 da anterior románica, en moi poucos anos. Ademais de florecente urbe (comercial e feiral), tamén era un lugar de peregrinación posto que conservaba unha pretendida túnica da Virxe, e, ademais, o seu obispado era apoiado pola monarquía para afianzar o seu poder. A fachada principal, o Pórtico Real, desta catedral, terminada en 1245, reúne os elementos prototípicos da escultura gótica.

No Pórtico Real, como toda a arte medieval, observamos unha dependencia da escultura con respecto á arquitectura. Tamén hai elementos que terán unha gran repercusión posterior como as
estatuas-columnas, cuns canons estéticos do gótico inicial como poden ser a rixidez, as pernas paralelas, os pés colgantes, as roupaxes con pliegues ríxidos e paralelos, as cabezas equivalentes a un sétimo da altura do corpo ou as bocas de beizos finos que esbozan un sorriso. No taller desta catedral as figuras e as súas columnas foron talladas nun só bloque.

Este Porte Royal está divido en tres p
ortas cos seus respectivos tímpanos.

O tímpano central está dedicado a Cristo enmarcado nunha mandorla,como Maiestas Domini, rodeado polos símbolos dos evanxelistas, os tetramorfos. Cristo levanta a man dereita e na esquerda sostine o Libro da Vida. No friso do dintel represéntanse aos doce apóstolos, enmarcados por arquitecturas en grupos de tres figuras, co que se pretendía aludir simbolicamente a que predicaron a trinidad nos catro puntos cardinales do planeta. As arquivoltas mostran anxos e aos vinte e catro anciáns do Apocaplipsis.

As figuras das xambas da esquerda da portada central reúnen as seguintes características: "cada unha das figuras vive, por así dicilo, no seu propio mundo; as estatuas non están relacionadas nin entre si nin co que as contempla; a súa expresión parece pensativa, misteriosamente distante, e ata chegamos a descubrir un débil rastro do sorriso arcaico. O aspecto global destas figuras cadra perfectamente coas columnas da jamba ante as que se achan apos
tadas ou suspendidas. As cabezas miran á fronte, sen desviarse o máis mínimo; os brazos e as mans están pegados ao corpo, e suxeitan un libro ou un rolo de pergamiño; e os corpos apenas se distinguen baixo os longos pliegues das vestiduras. Son, no máis puro sentido do termo, "estatuas-columna", pero non teñen función arquitectónica algunha e poderían quitarse sen alterar para nada os elementos arquitectónicos." (Wittkower, R., ob. cit., páx. 59).

As outras dúas portas da fachada occidental son descritas da seguinte forma na wikipedia:
O pórtico esquerdo está dedicado á ascensión de Cristo (ou talvez a súa segunda vinda). O tímpano mostra a Cristo
nunha nube sostido por dous anxos. Debaixo hai dous frisos, o superior mostra a catro anxos cantores e o inferior dez figuras que posiblemente sexan apóstolos e que portan libros e pergamiños contemplan a Cristo. As dúas arquivoltas mostran os símbolos do zodiaco e labores relativos aos doce meses, temas comúns no románico francés.

O pórtico dereito mostra a mesma estrutura. O seu tema é a pureza de María e a súa dignidade como nai de Cristo. No tímpano figura a Virxe co neno entronizada entre dous anxos. No momento da súa construción esta representación era unha novidade xa que o tema
central había estado sempre dedicado a Cristo. O friso superior mostra a Presentación no Templo, coa Virxe, Simeón e outras figuras. O inferior narra a Anunciación, Visitación, Natividade e Anunciación aos pastores coidando os seus rabaños, algo inusual; mostrar homes comúns entre as figuras divinas. As arquivoltas están decoradas con anxos a interior e a exterior coas sete artes liberais (e dous símbolos zodiacales que non couberon no lado esquerdo) combinadas con figuras relativas do mundo antigo: gramática e Prisciano ou Donato, retórica e Cicerón, dialéctica e Aristóteles, aritmética e Pitágoras, xeometría e Euclides, astronomía e Ptolomeo e música e Nicómaco. Os capiteis desta porta mostran escenas da Paixón, a entrada a Xerusalén, a Última Cea, a Sepultura e o Duelo das mulleres.

En conxunto, a obra escultórica dos tres accesos ao tempo (a norte, a sur e a principal, é dicir a occidenta) permiten facer un percorrido desde o protogótico (Pórtico Real) ao gótico clásico (portadas do transepto). A escola catedralicia de Chartres e a súa orientación neoplatónica déixase sentir na temática das portadas. A principal tense que ler seguindo o fío condutor da "historia da salvación" (a Virxe, escenas da vida de Cristo e Cristo en Maxestade). A norte do transepto xoga un papel de símbolo: pola súa localización non recibía a luz do sol e iso traducíase nun símbolo, o Antigo Testamento, que aínda non recibira a luz do evanxeo. A do sur está dedicada á igrexa insere no mundo (apóstolos, mártires, santos, presididos polo Xuízo Final).


Bibliografía:
Bozal, V. (1992), La escultura. Tomo 2 de la Historia del Arte. Barcelona. Carroggio S.A. de Ediciones.
Wittkower, R. (1997), La escultura: proceso y principios. Madrid. Alianza ed. Col. Alianza Forma nº 8. 10ª reimpresión.
Todas as ilustracións proceden de Educastur.

2 comentarios:

clariana dijo...

Me parece de una gran calidad artística toda esta serie de imágenes que vas describiendo y que con su expresión cobran vida al contemplarlas. Sería maravilloso verlas de cerca.
Gracias por tu comentario en mi blog, es una interesante aportación. Saludos.

Cristina dijo...

Sublime... No veo mejor forma de rematar este día que leyendo tus atinados y bien ilustrados comentarios sobre toda esta iconografía romanica quasi gótica que es como si me contara una historia... Como un libro de caballerías eclesiástico con villanos, buenos, aventuras, moralejas... Un placer, como siempre, leerte...