12/11/09

O Panteón despois do Imperio Romano

Sempre me ten chamado a atención a boa conservación interior do Panteón. Mais por que? Como foi a historia desta espectacular edificación desde o remate do Imperio Romano.

En primeiro lugar hai que subliñar que grazas (?) a que axiña foi reconvertido nunha igrexa cristiá o Panteón continuou tendo un uso relixioso.

O emperador bizantino Constante II no século VI mandou retirar as tellas de bronce dourado que cubrían a grandiosa cúpula, deixándoo dun xeito semellante a como podemos contemplalo actualmente. Probablemente fora tamén na época de Constante II cando foron retiradas as esculturas de bronce do frontón incluída a grandiosa aguia (hoxe en dia podemos aínda ver as marcas das anclaxes)

Xa no ano 608 o emperador bizantino Focas doou ao papa Bonifacio quen o transformou para adicalo ao culto de Santa María dos Mártires polo que, probablemente, fora o primeiro templo pagán consagrado como igrexa cristiá.

No 735 a cuberta exterior foi protexida con pranchas de chumbo.

Xa no durante o Renacemento (alá polo 1435) o papa Uxío IV decidiu suprimir as edificacións que se lle foran engadindo polo seu exterior ao longo da Idade Media. De feito hai debuxos e grabados nos que se aprecia un pequeno campanille no centro do pórtico da entrada elevado no 1270 (foi mandado derrubar a finais do XVI). Ademais tamén faltaba xa a columna do extremo esquerdo do pórtico que foi sustituída por un muro de sustentación cando a Idade Media estaba por rematar. Posteriormente ese muro fora completado ao longo das columnas do pórtico.

Foi Urbano VII quen en 1590 mandou retirar as cerchas de bronce que sustentaban a cuberta para logo seren fundidas e construír os canóns do castelo de Sant´Angelo

Durante o papado de Urbano VIII (1623-1644) foron substituídas varias columnas do pórtico por outras de fuste de granito vermello e capitel corintio que eran notoriamente diferentes das orixinais. Ademais restituíse un fragmento da cornixa e do tímpano que se derrumbaran nalgún momento do pasado. Tamén ordenou retirar en 1625 as pezas de bronce que aínda quedaban na cuberta así como as que decoraban o pórtico da entrada para que Bernini puidera facer o baldaquino da basílica de san Pedro.

Desde Urbano VIII as vigas están sen o seu bronce.

O Bernini en 1665 e por orde de Alexandre VII, fixo a maior reforma da edificación en toda a súa historia coa construción de dous campanarios xemelgos sobre o corpo prismático que une o pórtico da zona da entrada coa cella circular. A idea era darlle ao Panteón un aspecto exterior de maior contido relixioso. Pero esta intervención non foi do agrado do pobo romano xa que axiña lle puxeron o alcume das “Orellas do burro”.

Grabado de mediados do século XVIII de Giovanni Battista Piranesi.


Grabado de mediados do século XVIII de Giovanni Battista Piranesi.

Pouco tempo despois, nos tempos do papa Clemente IX, deseñouse a reforma da praza da Rotonda así como da fonte de Giacamo della Porta, que desde mediados do XVI ocupaba o seu centro, á que se lle engadiu o obelisco exipcio do tempo de Ra en Heliópolis.

Neste mesmo século XVIII, concretamente entre 1747 e 1752, anovouse a decoración interior do templo, cambiando practicamente todo o revestimento orixinal, especialmente na parte máis alta do tambor engadíndolle uns frontóns triangulares aos nichos e simplificando a decoracións entre os mesmos.

Co gallo do pasamento de Vítor Manuel II, en 1878, o pórtico foio redecorado no seu exterior ao substituír a inscrición que aludía a Agripa por outra que lembraba ao monarca falecido ademais de engadir varias figuras alegóricas a tan importante rei da historia italiana. No interior instalouse provisionalmente un gran catafalco baixo a cúpula.

A finais deste século XIX, en 1893, derrubáronse os campanarios de Bernini polo arquitecto Luca Beltrami ao tempo que se limpaba axeitadamente toda a obra.

No século XX, ademais de traballo de limpeza, a intervención mais salientable foi a dirixida por Alberte Terencio, durante os anos 1929 e 1934, xa que restaurou partes da cúpula e do seu basamento con ladrillos similares aos orixinais pero cocidos dun xeito distinto na súa cara vista para facilitar a distinción sobre os da época imperial.

Bibliogarfía. El Panteón de Agripa y Adriano. El cielo y la tierra al servicio del emperador. En Descubrir el arte, XI, 125, pp. 42-45

Créditos da imaxe de Agripa.

No hay comentarios: