Hai
uns meses e durante unha visita pola Ribeira Sacra tiven a oportunidade de
tirar as fotos que ilustran esta entrada. O texto procede dos paneis
informativos alí colocados.
O
parque de mámoas de As Cabanas é un conxunto de sete enterramentos monumentais
que datan entre o 4.500 e o 2.000 a.C. O cemiterio sitúase no tramo final da
divisoria de augas entre os vales do Miño e do Sil aproveitando unha penechaira
delimitada por tres grandes afloramentos graníticos.
No
concello ourensá de Nogueira de Ramuín e a uns 750 metros de altitude sitúase a
parroquia de Moura. No lugar coñecido polo nome de As Cabanas podemos ver un
conxunto de sete túmulos ou mámoas que agochan no seu interior os restos dunha
cámara funeraria ou anta, espazo destinado á inhumación dos diferentes membros
dos grupos humanos da contorna.
Segundo
os arqueólogos que puxeron en valor este xacemento “este cemiterio prehistórico
podería estar a delimitar o territorio dos primeiros agricultores das actuais
terras de Nogueira de Ramuín”. De feitos, se miramos ben aínda podemos atopar
unha antiga cruz de termo nun dos esteos do monumento coñecido como M6.
Actualmente
os sete túmulos presentan cráteres de violación e tan so catro deles teñen
aínda restos da cámara (parte superior dos esteos) e de coiraza.
Fotos: Iniciarte
No hay comentarios:
Publicar un comentario