164-156 a.C. Mármores, altura 2,30 metros.
As figuras nas caras da escalinata evidencian a estreita relación entre a loita mitolóxica e a arquitectura do altar. Os deuses empurran aos xigantes escaleiras arriba ata o recuncho. No resalto norte dominan as divindades mariñas; nesta cara da escaleira aparecen Doris e Nereo, Océano e Tetis, na parte frontal, Anfitrite e o seu fillo Tritón. Hai numerosas alusións ao mar como elemento natural destes deuses: as vestimentas molladas se pegan aos corpos ou caen formando pesados pregues; Nereo ten unha pel de escamas na cabeza, os zapatos de Doris son de pel de escamas e de aletas.
Parte do friso oriental
Grupo de Zeus
164-156 a.C. Mármores, altura 2,30 metros.
Grupo de Zeus
164-156 a.C. Mármores, altura 2,30 metros.
Acompañado por un aguia, Zeus, o pai dos deuses, loita con todas as súas forzas contra tres xigantes, entre eles Porfirio, o seu valedor, que tamén se lanza á loita con enerxía.
Representación da Noite 164-156 a.C. Mármores, altura 2,30 metros.
A identificación da soberbia figura dunha deusa do friso norte é controvertida. Chama a atención o recipiente rodeado de serpes que emprega como proxectil. O delicado rostro e a forma en que leva o cabelo confírenlle un aspecto case xuvenil. A súa vestimenta, de la e sen mangas, deixa só ao descuberto as preciosas sandalias. O manto está atado diagonalmente sobre o peito e ondea cara aos lados e detrás da cabeza.
2 comentarios:
Muy buenas fotografías. Enhorabuena por el trabajo.
Saludos,Gonzalo
Gracias, Gonzalo. Seguimos currando.
Publicar un comentario