12/10/09

A Acrópole ateniense despois da Grecia Clásica (IV): Erecteion

O Erecteion en 1869, William James Stillman

Probablemente sexa esta a edificación que padeceu as alteracións máis graves ao longo dos séculos. Cando a partir do XV Atenas foi conquistada polos turcos, o Erecteion converteuse no lugar onde estaba o harén do xefe militar turco. Logo foi case completamente destruído para empregar os perpiaños de mármore branco do Pentélico na construción da vivenda dun alto mando militar.


O noso coñecido Lord Elgin levouse a segunda cariátide occidental do pórtico sur para poñer na súa ubicación un piar de ladrillos. Neste tempo, século XIX, a fachada orixinal de semicolumnas xónicas padeceu graves deterioros, chegando case a desaparecer. Na zona reservada ao culto xa non había cuberta. Foron tapiados completamente os intercolumnios do pórtico xónico do lado norte.


En 1827, durante a revolta grega contra a ocupación turca, o Erecteion practicamente desapareceu posto que gran parte do seu muro perimetral foise abaixo e, logo, durante unha tormenta en 1852 rematou por caer completamente agás no fondo do pórtico das Cariátides. (Fixádevos na fotografía de 1869)


A partir da década de 1870 fóronse realizando numerosas intervencións para tratar de devolverlle, teoricamente, o seu estado orixinal, ou ben para engadirlle algunha dependencia máis. Reconstruíuse todo o pórtico oeste con pezas novas. A principios do século XX volvéronse facer mais obras que serían basicamente desmontadas a partir de 1979 mediante os estudos de anastilosis, reconstruíndo gran parte das columnas, recompúxose o muro norte con algúns bloques supostamente orixinais. As Cariátides padecerían durante anos os problemas derivados da contaminación da cidade e, tras un chamamento internacional da UNESCO fixéronse importantes estudos que remataron co traslado das pezas orixinais ata o museo da Acrópole.


En conclusión, practicamente nada do que vemos actualmente é orixinal.




Pórtico das Cariátides en 1853

Máis información en Dearqueología.

Créditos da imaxes: En 1869, en 1853.

2 comentarios:

clariana dijo...

Me ha gustado conocer sobre la técnica de la "anastilosis" por el enlace que indicas.
Con todo el expolio que hicieron los turcos, es impresionante que todavía se pueda contemplar todo lo que queda.
Creo que entiendo un poco más al personaje inglés, mejor que existan aunque sea lejos que no que desaparezcan. racias por toda tu información. No me puedo perder estos post de Grecia, pues estuve allí una vez, de visita, y mis conocimientos al respecto son escasos. Saludos afectuosos.

Antonio Martínez dijo...

Gracias por tu pernamente seguimiento, Clariana.