21/9/09

A Acrópole ateniense despois da Grecia Clásica (II): Os Propileos e a súa historia

Os Propileos cara a 1896

A entrada da Acróple ateniente practicamente non sufriu ningunha modificación ata o século XIV. Nese século, os florentinos, en plena expansión comercial polo Mediterráneo oriental, fixéronse co control de Atenas e para adaptarse a entrada e as súas salas para pazo ducal e fortaleza ergueron unha gran torre “toscana” diante mesmo das grandes escaleiras. Dita torre foi edificada nunca pedra máis escura que o mármore do Pentélico orixinal para o que necesario sustituir e mesmo suprimir, os corpos laterais adosados dos Propileos.

Esta torre “toscana” mantívose ata o século XIX o cal quere dicir que sobreviviu ás “inquedanzas” relixiosas dos t
urcos e mesmo a un raio que no 1656 destruíra practicamente toda a estrutura orixinal do pórtico.

Cando o arqueólogo arqueólogo alemá Schliemann en 1875 chego
u a Atenas coa idea de reconstruír (restaurar?) a entrada da Acrópole, o primeiro que fixo foi derrubar a torre florentina, limpar a fronte norte da muralla e tratar de eliminar partes dos engadidos padecidos aos longos dos século. De feitos da escaleira orixinal tan so se conservaba parte dun pequeno treito da zona mais preto do templo de Atena Niké, todo o demais era un completo desastre cheo de lixo e de restos dos sucesivos derrumbes.

Cara a 1860 a monumental entrada esta case totalmente destruída. Non existía a cuberta e tan só estaba en pe seis columnas aínda que moi seriamente danadas, mesmo dúas delas unidas por un pequeno tramo de entallamento.

Será a partir de 1930 cando se inicien os traballos para reconstruír os propileos mediante materiais novos para a entrada xa que puidéronse aproveitar moi pouco dos restos liscados polo chan. Finalmente en 1975 os Propileos foron desmontados unha vez mais, ao igual que o templo de Atenea Niké, para tratar as partes anteriormente reconstruídas. Desmontouse o pórtico oriental tratando logo de introducir na reconstrución elementos orixinais liscados polo chan, cousa que non foi posible no pórtico exterior da entrada, de feito tal nas columnas tan só se puido sanear as partes que aínda quedan en pé. Estas obras recibirían un novo pulo nos anos 90 co gallo da celebración das Olimpíadas de 2004.


Cando vexamos os Propileos pensemos que o que estamos a ver ten menos dun século.

Hipotética reconstrución dos Propileos

Máis información en Dearqueología.

Créditos da imaxes.

3 comentarios:

clariana dijo...

Me parece muy interesante esta evolución de los Propileos en la Acrópolis. Con el paso del tiempo, tanto tiempo, las invasiones y los errores de las personas en las reconstrucciones, es difícil que puedan persistir las obras en su belleza original. No conozco esta rama del Arte, pero pienso que se debería cuidar más y respetar en todo lo posible lo antiguo. Saludos afectuosos.

Antonio Martínez dijo...

Clariana: en los siguientes días... más. Gracias por tus visitas.

nando corbo dijo...

muy buen blog, te felicito, muy interesante, te invito a visitar el mio www.conectaarte.blogspot.com, te esperamos, grandes saludos desde Uruguay