12/8/09

Castro de Troña: agresión e multa ridícula

Un total de 2.000 euros é a cantidade que terá que pagar Augas de Mondariz por unha agresión ao patrimonio cultural de Galiza ao realizar obras no contorno do Castro de Troña, en Ponteareas. Así o vén de resolver a Consellaría de Cultura, segundo denuncia a organización ecoloxista Adenco.

A Xunta vén de multar con 2.000 euros a empresa Augas de Mondariz tras realizar obras nas proximidades do Castro de Troña, en Ponteareas, catalogado Ben de Interese Cultural (BIC) polo Executivo galego. A declaración BIC confírelle ao castro o nivel de protección máis elevado que recolle a lexislación vixente en materia patrimonial.

Segundo afirma a Consellaría de Cultura no expediente sancionador, as obras consistiron en “movementos de terra” que modificaron “a pendente orixinal do terreo”. Segundo a Xunta, a empresa abriu “unha pista de tres metros de anchura” e creou “varios bancais, algúns deles a un metro de distancia do camiño dos romeiros ao santuario do Doce Nome de Xesús”.

Estas obras, datadas de xuño do 2008, sitúanse segundo o expediente a menos de 200 metros de distancia do castro de Troña. Por outra banda dentro dos 200 metros de protección do castro tamén se a talar arborado, asegura Adenco. Os ecoloxistas denunciaron entón os feitos perante a Dirección Xeral de Patrimonio, a Policía autonómica e paralelamente nos medios de comunicación.

Sen licenza

A organización ecoloxista sinala que a propia empresa promotora Aguas de Mondariz “recoñeceu que non contaba nin coa licencia do concello de Ponteareas nin coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, aínda que alegou que “descoñecía eses requisitos”.

Adenco subliña a “alteración irreversíbel” do xacemento e denuncia o “abandono absoluto ao que o concello de Ponteareas ten condenada desde hai moitos anos a súa xoia patrimonial coñecida en todo o país”.

"Multa insuficiente"

Para os ecoloxistas, a contía da multa é “ridícula”. “A importancia do castro de Troña require un celo estremo na salvagarda dun elemento patrimonial de primeira orde, mais a mensaxe que se está enviando resulta ben clara, atentar contra o patrimonio cultural de Galiza resulta pouco menos que gratuíto”.

Adenco ve contraditorio que apenas hai unhas semanas a propia Consellaría de Cultura “faga pública a intención de declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o Castro de Troña e agora, nunha ocasión na que se pode actuar con contundencia advertindo de posíbeis agresións futuras, se resolve cunha sanción ridícula”.

Os ecoloxistas apuntan como un dos culpábeis o Concello de Ponteareas. “Ao non contar coa licencia municipal para as remocións de terras o Concello debería tamén ter iniciado un expediente sancionador por tal feito. Porén, non se fixo absolutamente nada”. Segundo advirten, catorce meses despois, a situación do xacemento é a mesma, “o máis absoluto desleixo e abandono”. “Nin se volveu limpar o mato, os accesos están cada vez máis deteriorados, nin hai a máis mínima promoción por parte da Concellaría de Cultura do concello”, engade Adenco.


Texto e foto vía A Nosa Terra.

7 comentarios:

Sarinsky dijo...

Que interesante post!! esto lo estudié en Conservación de bienes culturales ^_^
Y en mi opinión, la multa es ridícula, como bien dicen mis amigos ecologistas. Que poco importan a veces estos BIC

Saludos

Antonio Martínez dijo...

Claro, é que temos tantos que aínda que se "estropee" un poquiño algún non importa. Pois debemos preparanos porque o novo Director Xeral de Patrimonio... (onde estea Felipe Arias que se quiten todos os demais)

Duncan de Gross dijo...

Que auténtica barbaridad, es vergonzoso sin duda :O

clariana dijo...

Con estas actuaciones tan irresponsables, por parte de la empresa que ha cometido este delito ecológico y por parte de la justícia que lo arregla con una multa irrisoria, nuestro patrimonio de bosques y parajes corre gran peligro. Hemos de unirnos a los ecologistas que lo denuncian, como tú que has puesto este post. Aquí por mi zona, Barcelona, también se cometen grandes desastres. Saludos.

Fet dijo...

Una risa, como todo lo que va por vía administrativa. Por otra parte tampoco hemos de extrañarnos, cuando los verdaderos amos del cotarro son los intereses empresariales.

Javier Ridruejo dijo...

Dos campañas estuve excavando yo en Troña con el equipo del Museo arqueologico de Vigo. Fueron días maravillosos donde contemplamos que la primera multa se la debían de poner al municipio de Mondariz y a las parroquías colindantes pues es increible la capacidad autodestructiva que tiene la población local. Abríamos una cata, ya venían ellos a hurgar a ver que podían sacar y destrozar de paso...y que decir de la Romería que se hacía en la ermita, como quedaba todo lo consolidado... en fin...por supuesto estoy deacuerdo en castigar a aquellos que violentan el patrimonio pero a todos, incluidos a los vecinos y si me apuras a los turistas que se suben por todos los sitios y tiran papeles, mean, arrancan y grafitean todo lo que pueden. Sin vigilancia y cuidados, ya puedes quejarte de que Aguas de Mondariz hace algo, más hacen los que van alli con absoluta impunidad y castigan no a 200 metros sino el propio yacimiento ...
Saludos desde Cantabria

Antonio Martínez dijo...

Hola Javier. También tengo unas cuantas batallitas sobre las excavaciones en las que participé y su posterior protección. ¿Conseguiremos algún día mejorar esta situación?