"Calquera forma de repugnancia susceptible de transformarse nunha negación da familia é Dadá; a protesta de todo ser ocupado nunha acción destrutiva é Dadá; o coñecemento de todos os medios, rexeitado ata hoxe polo pudor sexual do compromiso demasiado cómodo e da cortesía, é Dadá; a abolición da lóxica, a danza dos impotentes da creación, é Dadá; a abolición de calquera xerarquía e de calquera ecuación social instalada para valores polos nosos servos é Dadá; calquera obxecto, todos os obxectos, os sentimentos e as escuridades, as aparicións e o choque preciso das liñas paralelas son medios de loita Dadá; abolición da memoria: Dadá; abolición da arqueoloxía: Dadá; confianza indiscutible en calquera deus produto inmediato da espontaneidade: Dadá; salto elegante e sen prexuízo desde unha armonia a outra esfera; traxectoria dunha palabra lanzada como un disco, berro sonoro; respecto a todas as individualidades na momentánea tolemia de calquera sentimento seu, serio ou medorento, tímido ou ardente, vigoroso, decidido, entuasiasta, desposuír fervenza luminosa o pensamento descortés ou amoroso, ou ben, compracéndose nel, consentilo coa mesma intensidade, a cal equipárase, nun puro arbusto de insectos para un sangue nobre, dourado polos corpos dos arcanxos e pola súa alma. Liberdade: DADÁ, DADÁ, DADÁ, alarido de cores encrespadas, encontro de todos os contrarios e de todas as contradicións, de todos os motivos grotescos, de todas as incoherencias: a Vida".
Tristán Tzara. Manifesto Dadá, 1918. “Revista Dadá”, nº 3, Zurich, 11918. Citado por M. de Micheli. Las vanguardias artísticas del siglo veinte. Córdoba, 1968, pp. 290-291.
Créditos das imaxes de Tristan Tzara e da Fonte (1917) de Duchamp.
5 comentarios:
Nose porque, pero "Dadá" tiene pocos amigos y normalmente es rechazado (?)
Buena entrada Antonio, atípica en los blogs de arte, quizás por lo que comenta Sarinsky, pero necesaria ;-)
Recordade que este blog pretende ter un contido pedagóxico reflectir a historia da arte e non dos gustos persoais (aínda que se me vaian notando).
Grazas polos comentarios.
Tes razón que a historia da arte non é a historia dos gustos, máis eu gosto moito do espiritu dadá. Saúdos de novo, que xa facía tempo que non actualizaba.
Ola Sabela. Para min os dadás foron unha bofetada á historia da arte que estivo ben para o seu momento. Agora, o seu concepto de arte paréceme rexeitable, con todos os repetos, já, já.
Publicar un comentario