Continuando coa colaboración iniciada hai xa algún tempo con Trafegando ronseis, presentámosvos hoxe esta obra de Leopoldo Nóvoa.
Durante os anos 1989 e 1990 este artista galego estivo a traballar na realización dun mural de 700 metros cadrados na canteira do parque de santa Margarida na cidade da Coruña. Era un xeito de diminuír a parcela e preparar o solar para o Pazo da Ópera. Comparadas as dúas obras, a escultórica e a arquitectónica, hai que dicir que Nóvoa representou a modernidade a o Grupo Tau, autor do deseño do pazo, unha posmodernidade trasnoitada e decadente (obras de tan pésimo deseño non deberían estar costeadas con diñeiro público).
O que nun principio tiña que ser unha obra dun profundo impacto na cidadanía coruñesa, debido á súa contemporaneidade, modernidade, calidade estética e fortaleza visual, por desidia consciente da súas autoridades municipais, foi quedando no esquecemento. A vexetación pouco a pouco vai inundando a este gran mural. Ademais, a realización dunha pasarela ao parque que está enriba da obra supuxo a destrución parcial da mesma. Que despropósito, que falta de respecto á creación artística!!!.
O crítico de arte Xavier Seoane (1990) ten escrito sobre este mural:
“... (é) unha prolongación substancial do mural que realizou no Cerro, en Montevideo, nos inicios dos anos sesenta. Deste xeito, as características xerais subliñableis para o mural uruguaio podemos aplicarllas ao actual. A mesma actitude monumentalista; a mesma intención matérica en base a elementos de desfeito; o mesmo talante construtivo; similar alquimia na recuperación deses residuos que, unha vez integrados na obra, van sufrir unha mutación completa, comportándose dun xeito radicalmente diferente; en definitiva, unha parella inquietude expresiva, compositiva e conceptual.
O Mural da Canteira é unha das obras máis monumentais que teña realizado a gran liña da arte contemporánea que reflexiona sobre a materia, e nela hai, ao lado da materia, outro elemento fundamental: o espazo.
Con evidencia, no medio dunha zona tan urbana, tan compactamente urbana, o muro ha de ser un fragmento, un espello, metáfora do universo, da natureza, da materia. Cumprirá a función de achegar ao home aos valores orixinarios e universais da natureza primixenia, do cosmos. Evidenciará ante o viandante un espiñazo de xeoloxía, así como o SENTIDO CONSTRUTIVO que, operando a partires do caos ou magma inicial, caracteriza á especie humana”

Lembrade que xa vimos a este artista noutra entrada anterior.
3 comentarios:
Ya estoy aquiiii!!!
Desde que era pequeña siempre me llamó la atención este muro,de echo me parece original y creativo...pero supongo que a ti te parecerá una orterada,o me equivoco?¿
Para min este mural de Nóvoa(un dos mellores artistas vivos e do que teño algúnha obriña na casa...) é a mellor obra de escultórica que podemos ver na Coruña. É de xulgado o estado de abandono no que se atopa. Non sei como pasaron varios concelleiros de cultura e a actual concelleira sen que o teñan amañado. Un escándalo.
Me alegra de que a ti también te guste esta obra aunque como tu mismo dijiste,esta abandonada y por eso la gente no la toma más en serio...una estafa!!
Publicar un comentario