2/4/08

Leopoldo Nóvoa: o Mural da Canteira do parque de santa Margarida na Coruña


Continuando coa colaboración iniciada hai xa algún tempo con Trafegando ronseis, presentámosvos hoxe esta obra de Leopoldo Nóvoa.

Durante os anos 1989 e 1990 este artista galego estivo a traballar na realización dun mural de 700 metros cadrados na canteira do parque de santa Margarida na cidade da Coruña. Era un xeito de diminuír a parcela e preparar o solar para o Pazo da Ópera. Comparadas as dúas obras, a escultórica e a arquitectónica, hai que dicir que Nóvoa representou a modernidade a o Grupo Tau, autor do deseño do pazo, unha posmodernidade trasnoitada e decadente (obras de tan pésimo deseño non deberían estar costeadas con diñeiro público).

O que nun principio tiña que ser unha obra dun profundo impacto na cidadanía coruñesa, debido á súa contemporaneidade, modernidade, calidade estética e fortaleza visual, por desidia consciente da súas autoridades municipais, foi quedando no esquecemento. A vexetación pouco a pouco vai inundando a este gran mural. Ademais, a realización dunha pasarela ao parque que está enriba da obra supuxo a destrución parcial da mesma. Que despropósito, que falta de respecto á creación artística!!!.

O crítico de arte Xavier Seoane (1990) ten escrito sobre este mural:

“... (é) unha prolongación substancial do mural que realizou no Cerro, en Montevideo, nos inicios dos anos sesenta. Deste xeito, as características xerais subliñableis para o mural uruguaio podemos aplicarllas ao actual. A mesma actitude monumentalista; a mesma intención matérica en base a elementos de desfeito; o mesmo talante construtivo; similar alquimia na recuperación deses residuos que, unha vez integrados na obra, van sufrir unha mutación completa, comportándose dun xeito radicalmente diferente; en definitiva, unha parella inquietude expresiva, compositiva e conceptual.

O Mural da Canteira é unha das obras máis monumentais que teña realizado a gran liña da arte contemporánea que reflexiona sobre a materia, e nela hai, ao lado da materia, outro elemento fundamental: o espazo.

Con evidencia, no medio dunha zona tan urbana, tan compactamente urbana, o muro ha de ser un fragmento, un espello, metáfora do universo, da natureza, da materia. Cumprirá a función de achegar ao home aos valores orixinarios e universais da natureza primixenia, do cosmos. Evidenciará ante o viandante un espiñazo de xeoloxía, así como o SENTIDO CONSTRUTIVO que, operando a partires do caos ou magma inicial, caracteriza á especie humana

Lembrade que xa vimos a este artista noutra entrada anterior.


3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Ya estoy aquiiii!!!
Desde que era pequeña siempre me llamó la atención este muro,de echo me parece original y creativo...pero supongo que a ti te parecerá una orterada,o me equivoco?¿

Antonio Martínez dijo...

Para min este mural de Nóvoa(un dos mellores artistas vivos e do que teño algúnha obriña na casa...) é a mellor obra de escultórica que podemos ver na Coruña. É de xulgado o estado de abandono no que se atopa. Non sei como pasaron varios concelleiros de cultura e a actual concelleira sen que o teñan amañado. Un escándalo.

Sarinsky dijo...

Me alegra de que a ti también te guste esta obra aunque como tu mismo dijiste,esta abandonada y por eso la gente no la toma más en serio...una estafa!!