Nacido en 1746 en Fuendetodos (Zaragoza) e tras a súa formación na capital aragonesa instalarase en Madrid, onde, xa en 1785 será pintor de Carlos III. Desde 1790 terá problemas de xordeira que, din os seus especialistas, suporá un auténtico cambio na súa personalidade artística xa que da súa visión optimista da vida (cores vermellos e grises, feitura rematada, debuxo de trazo continuo e temas amables) pasará a amosar o sufrimento e unha visión patética da vida, con crecente presenza do negro, a feitura de manchas, o debuxo rachado, os temas dramáticos e unha fantasía sombría.
A temática da súa obra tamén e agrupable polas etapas. Así na primeira etapa fará escenas costumistas, como os cartóns para os tapices, cunhas composicións de gusto rococó, moitos retratos, onde destacará pola penetración psicolóxica, e as pinturas relixiosas (tedes que admirar os frescos restaurados da capela de santo Antonio en Madrid). Na segunda etapa, sen dúbida a máis interesante e pola que pasará a un dos primeiros postos da historia da pintura occidental, traballará os temas de marcado carácter patriótico, as pinturas negras (a pesar de que algunhas das obras provintes da Quinta da Manzanares sexan de autoría discutida) e os gravados e debuxos, onde estará a altura de Durero e Rembrandt.
Mais , sen dúbida, o elemento mais sobranceiro da súa obra será a apoloxía dos contrarios. É dicir que, criticando os horrores da guerra nos desastres (crueldade, tortura, fame...) dedúcense as excelencias da paz; exhibindo o monstruoso, o irracional, lóubase a necesidade da razón; criticando certas tradicións(inferioridade da muller) ensalza unha sociedade libre; amosando certos costumes españois (touros) criticará a crueldade e a violencia.
Goya supón a culminación dunha liña pictórica da arte occidental. Con el chégase ao cumio da representación da realidade, abríndose unhas novas inquedanzas para todos os pintores e pintoras que desexan representar algo máis que elementos racionais perfectos. Goya abandona o respecto polas leis ópticas, de pintar o que se ve, asumindo a responsabilidade de crear un mundo propio, no que a fantasía e a crítica teñen un papel máis importante que a realidade visual.

Desde abril e ata xullo poderemos contemplar no Museo del Prado a exposición "Goya en tiempos de guerra". Son case duascentas obras do pintor aragonés que recorren todas as súas etapas, mais centrándose nos cadros "El 2 de mayo de 1808" e "El 3 de mayo de 1808". Debo salientar que para esta exposición os cadros citados foron sometidos a un coidadoso proceso de limpeza e restauración tal e como se pode apreciar nas seguintes fotografías:
Para máis información sobre Francisco de Goya podedes ver esta magnífica páxina web da Deputación Provincial de Zaragoza. E lembrade que en Iniciarte xa houbo unha entrada sobre Los desastres de la guerra e sobre as súas Estampas.
4 comentarios:
Goya,Goya,Goya...nada en comparación con Velázquez.A mi sus obras me transmiten negatividad,asi como frialdad y pesimismo.(y decias de Botticelli...)
Pero bueno,a lo mejor viéndolo en "vivo y en directo" cambio un poquito(aunque solo sea un poquito)mi opinión sobre él.
Por cierto muy buen post.
Pois para min, despois de Velázquez e Goya... case ná, de ná.
Agora vouvos confesar o motivo polo que cando comento o fago despois de vós os dous....
Encántanme as vosas "discusións artísticas"!!!
Apertas dende Fene para os dous.
Magnífico post, algo habitual en Iniciarte, pero en este caso es que "El 2 de Mayo" es la obra de arte favorita de un buen AMIGO.
Le recomendaré que se pase por aqui...
Publicar un comentario