29/12/07

Estampas de Goya


As estampas -gravados e litografías-, precisamente polo seu carácter múltiple, foron concibidas por Goya para expresar a súa visión crítica da época que lle tocou vivir e transmitila aos lectores do seu tempo. Realizadas cunha extraordinaria capacidade imaxinativa, teñen con todo innumerables referencias ao comportamento humano e aos sucesos da súa época.
Esta mestura de imaxinación e realidade, unida a unha extraordinaria capacidade técnica e beleza formal, converteu ás estampas de Goya en paradigmas do gravado equiparables só á obra de Durero, Rembrandt ou Picasso.
Por iso, non estraño que haxa que celebrar a aparición de Goya. Estampas, gravado e litografía (edicións Electa) como un acontecemento merecedor de ser celebrado. Juan Carrete é o renovador dos estudos sobre o gravado español e un dos mellores especialistas na obra gráfica de Goya. Durante anos foi director da Calcografía Nacional, desde a que impulsou numerosos proxectos de estudo, exposición e edición sobre a obra do artista aragonés, como a creación do Gabinete Francisco de Goya, onde se expón de forma permanente unha selección dos cobres e unha serie de publicacións sobre as distintas series de estampas que son hoxe en día ineludibles puntos de referencia para os historiadores e afeccionados.
O novo libro de Juan Carrete, que ante todo é un libro de divulgación destinado ao gran público co obxectivo de difundir a mensaxe e a beleza desta obra universal. Carrete faise eco de todo ese coñecemento acumulativo ao que nos referimos e achega algunhas novidades destacables nunha publicación de gran tirada. De acordo cos últimos estudos, o autor sinala as principais achegas artísticas e conceptuais de Goya, situando a súa obra nun contexto ideolóxico que fai de Goya un observador crítico do seu tempo e o primeiro artista moderno.
Pero a principal achega desta obra consiste no apartado catalográfico e visual. Como os críticos anteriores apuntaron, é esencial coñecer a obra de Goya a partir das primeiras edicións publicadas polo artista ou, cando estas non existiron como no caso dos Desastres da guerra e os Disparates, grazas ás probas privadas que o mesmo artista realizara para si ou para os seus amigos.
Texto de José Manuel Matilla é director do Departamento de Debuxos e Gravados do Museo do Prado.

Vía El País.com


3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Goya...Goya...GOYA!! para mi sin duda es uno de los mejores artistas de la historia junto con Picasso y Kandinsky.Sus cuadros una maravilla,pero el que mas me gusta de Goya es el llamado "la noche estrellada".

(después de tanto tiempo sin escribir ningun comentario,lo echaba de menos)

Antonio Martínez dijo...

Que hai entre Velázquez e Goya...
case ná de ná.

Sarinsky dijo...

Dios mio como estoy hoy!! que empane mental madre mia...queria decir que a parte de Goya,me gusta el cuadro de Van Gogh llamado "la noche estrellada".
(espero que estos despistes no se tengan en cuenta)