24/3/08

A igrexa parroquial de santa Comba de Carnota (A Coruña)


A fermosa igrexa parroquial de santa Comba (santa Columba) de Carnota forma un conxunto arquitectónico coa casa reitoral, o pombal e o famosísimo hórreo.

Fundada no 1775, é de estilo barroco clasicista tardío que precede ao neoclasicismo. A súa planta mestura a forma de cruz latina cunha basilical de tres naves. No seu interior destaca un fermoso retablo do mestre Ferreiro

A súa portada caracterízase pola moldura barroca que recubre a porta, tan típica do barroco de placas compostelán que tivera como máximo expoñente a Simón Rodríguez. Enriba da porta amósase poderoso un rosetón a unha altura inusualmente baixa para os estilos arquitectónico precedentes. Enmarcando a estes dous elementos hai un arco de medio punto protexido por dúas piastras, a cada lado con chapiteis compostos. Sobre o arquitrabe un frontón con tímpano liso

Os muros exteriores do templo están recorridos por esas mesmas piastras da fachada pero sen os chapiteis recargados. Nas esquinas existen curiosos chapiteis pero sen piastras,

O alto campanario é do canteiro Carlos Aboy construído entre 1825 e 1827 que abandona o esquema compositivo do barroco compostelán tan abundante en Galicia.


O seu arquivo parroquial foi destruído na Guerra da Independencia.


4 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Este post está moi ben, sobre todo porque a visita a esa igrexa foi en moi boa compañía,(non pensarías que ía dicir pola presentación, non?), pero... non superaches o anterior, síntoo!!!

Loly dijo...

Que lástima, teño eu un par de fotos que mellorarían moitísimo esa presentación...

Sarinsky dijo...

Es bonita,si,¿pero donde esta el retablo del maestro Ferreiro?

Antonio Martínez dijo...

Sara: é que o señor curo tiña a igrexa pechada...