9/3/08

Arquitectura popular: O horreo de Carnota



O Hórreo de Carnota é considerado Monumento Nacional e é case o máis grande de Galicia xa que o seu veciño de Lira parece levarlle uns centímetros. A súa construcción, completamente en granito, iniciase no 1768 e acadou o seu estado actual no 1783. Conta con 34,76 metros e vintedous pares de pés e segundo as inscricións débese ó arquitecto Gregorio Quintela, encadrándose dentro do estilo fisterrán. A súa visita é obrigada, non só pola singularidade deste monumento, senón porque conforma un excepcional conxunto arquitectónico xunto cun pombal, a igrexa de Santa Comba, a casa rectoral.

O
horreo é unha peza clave no contexto arquitectónico, económico e cultural das casas rurais galegas. É o espazo empregado para almacenar e proteger os froitos da colleita, e fundamentalmente o millo. Na comunidade galega pódense diferenciar dos tipos de horreo: o construido en madeira e o feito en pedra de canteiría.

Haberá algunha razón pola que os maís grandes horreos pertenzan á casas de párrocos?





2 comentarios:

saaritaa dijo...

Ya veo que hoy le has dedicado tu entrada a un horreo,que no deja de ser interesante arquitectónicamente hablando...

Loly dijo...

Que pena, boto en falta un par de fotos co protagonista principal...