23/3/08

A Arte barroca: unha introdución

A orixe da verba “barroco” é de perla irregular; obra que non respecta a harmonía; arte desproporcionada, caprichosa.


Mentres les esta entrada podes escoitar música barroca
boomp3.com


Fronte aos valores clasicistas a Arte Barroca opón o movemento das formas e a libre expresión dos sentimentos, o dinamismo. É un cambio de mentalidade tralo declive do Renacemento. Así, despois do Concilio de Trento e da conformación das monarquías absolutas, vanse asentar as bases dunha nova era europea. Por outra banda, e ao tempo que Roma conscientemente desexa ser a capital do mundo cristián (construción de máis igrexas das requiridas para o culto, novas prazas, novas rúas regulares, etc) a Terra deixa de ser o centro do universo (Copérnico, Kepler, Galileo). Por iso, os europeos asumen a súa insignificancia, a súa desprotección e a súa fugacidade e dependencia da morte (tema favorito da iconografía barroca) Nese sentido o novo estilo hase converter na arte do aparente. Isto explica as distorsións perspectivas na arquitectura, os enganos visuais ou de materiais pois o único que conta é a imaxe proxectada sobre o espectador.

O Barroco é a arte da
Contrarreforma: durante o XVI estendéronse as ideas protestantes por Europa, nova división na Igrexa. Cómpre unha reafirmación do Catolicismo, será a Contrarreforma con dous obxectivos: remodelación dentro da institución e unha resposta dogmática ao novo pensamento protestante. O Concilio de Trento (1545-1563) será determinante na Arte Barroca: será o medio propagandístico da Igrexa católica, mesmo elaborando unhas recomendacións iconográfico-formais: claridade, sinxeleza, comprensibilidade, interpretación realista, estímulo sensible á piedade. A A rte Barroca tamén será unha arte civil como vangloria e propaganda dos reis europeos. Igualmente terá unha marcada influencia no desenvolvemento de intervencións urbanísticas.

ARQUITECTURA: ruptura do equilibrio clásico. Elementos construtivos clásicos pero con usos/combinacións distintas. Introducción das columnas salomónicas, multiplicación das cúpulas exteriores. Elementos decorativos baseados na curva como frontóns partidos e curvos. Grandilocuencia dos elementos. Tratamento interior de efectos fantásticos: luces que ocultan a súa fonte, perspectivas ficticias, trampantollos para acadar que o crente se vexa impresionado polo contorno e sexa máis accesible ao convencemento relixioso.

ESCULTURA: ruptura total do equilibrio clásico para acadar a liberdade absoluta. Do realismo idealizado do Renacemento ao naturalismo manifesto analizando calquera realidade con todas as súas virtudes e/ou defectos. Represéntanse así temas macabros, crueis, espantosos, dirixidos a incidir psicoloxicamente no espectador a través dos sentidos. Tenderá a captar a fugacidade producida nun momento, a transformación, o devir da existencia cara á morte, punto de encontro con Deus. Este movemento faise patente non só no físico (contorsións anatómicas, roupaxes ao vento) senón tamén na estrutura compositiva das figuras e escenas (espirais, diagonais), empregando recursos como a luz como elemento integrante da obra, remarcando certos aspectos e enmascarando outros. En suma, proponse a exaltación da relixión, a Igrexa ou os propios papas, cunha temática que abrangue desde as fontes ata as tumbas ou calquera tipo de representación.




PINTURA: É o vehículo máis sobranceiro para a expansión das ideas da Contrarreforma. Naturalista, novos temas (escenas de xénero ou o bodegón). Pintura relixiosa, profana, retrato político. Movemento, tensión, contrastes. Tres grandes tendencias: clasicista, naturalista (Caravaggio) e decorativa (Tiépolo)





Neste vídeo tes un resume desta época artística.


Na sección Recursos Didácticos tes máis información sobre o Barroco.


6 comentarios:

Sarinsky dijo...

Aunque el Barroco no sea el período artístico que más me guste,he de admitir que si me gusta en el ámbito de la pintura,y como representante a Caravaggio.(por supuesto,jeje)

Antonio Martínez dijo...

E non me dis nada da música ou do documento en Issuu... Bos idea ou non?

Sarinsky dijo...

Tienes que perdonarme,la verdad es que si me habia fijado en la canción(todo un detalle,la escuché y todo)solo que despues de escribirte el comentario.También le eché un vistazo al video.
Pero hablando de la presentación no fui capaz de descifrar la letra tan diminuta(( ¿esto último vale de escusa,jejje? ))

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns por este post ao que non lle falta detalle. Texto magnífico e ás ligazóns e imaxes habituais, agora engades música, video e os recursos didácticos en Issuu. Como no circo, este é un triple salto mortal con tirabuzón. Veremos como te superas!!!!
Ah, Saaritaa, a presentación en issuu dache a posibilidade de ampliación...

Antonio Martínez dijo...

PARA SUPERAR ESTE POST SEGURO QUE CONTO COA TÚA AXUDA. Que tal se a próxima presentación de fotos estivera feita desde picasa web, veríón british?

O Segrel do Penedo dijo...

Iso está feito, xa o sabes.
Cando queiras imos sacar as fotos e, de paso, probamos a gastronomía do lugar.
Que dis?